Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

18/03/2024 | 13:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Fundación Juana de Vega colaboran na actualización da Guía de estudos de impacto e integración paisaxística

Cómpre revisar os seus contidos para adaptalos ás especificacións do regulamento da lei de protección da paisaxe, do Catálogo das paisaxes e das directrices da paisaxe, que foron aprobadas con posterioridade

18/03/2024 | 11:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta repartirá outros 3.000 composteiros por toda Galicia cun investimento de máis de 210.000 euros

A empresa pública Sogama adxudicou o contrato para a subministración, almacenaxe e distribución destes equipamentos, que se engaden aos máis de 21.600 xa entregados a distintos concellos, centros escolares e outros colectivos sociais

17/03/2024 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez destaca o ciclismo como un deporte saudable, respectuoso co medio ambiente e unha boa opción para gozar das paisaxes únicas de Galicia

A Xunta agradece á organización que elixise Galicia para celebrar este evento pois converteuna en referente europeo desta modalidade deportiva

17/03/2024 | 11:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de pesca fluvial comeza hoxe para os máis de 38.000 afeccionados galegos con licenza vixente

Ángeles Vázquez salienta que máis de 13.000 persoas se benefician da exención do pago de taxas e que a Xunta realizou entre febreiro e marzo o envío automático de máis de 6.700 renovacións para os maiores de 65 anos

16/03/2024 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 650 prazas esta Semana Santa para coñecer as Illas Cíes e Ons con rutas guiadas gratuítas

Preto de 300 prazas están dispoñibles en liña na central de reservas do Parque Nacional e o resto asignaranse no mesmo día nas casetas de información das illas

15/03/2024 | 15:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O período xeral da tempada de caza comezará o 20 de outubro e estenderase ata o 6 de xaneiro de 2025

Belén do Campo subliñou que este ano, por primeira vez e en aras da simplificación administrativa, se renovou xa automaticamente a licenza de preto de 3.000 persoas

15/03/2024 | 14:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o labor da Xunta á hora de bonificar o prezo de venda de todo o seu chan empresarial

Lembra que esta medida fixo posible a adxudicación de máis de 3 millóns de metros cadrados de solo a 613 empresas e un investimento directo superior aos 850 M€ de 2015 a 2023

14/03/2024 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convocará unha poxa para adxudicar 142 locais comerciais e 369 prazas de garaxe propiedade do IGVS en edificios residenciais de promoción pública

Rueda resalta que sairán a poxa para mercar ou alugar todos os inmobles deste tipo que o organismo autonómico “ten dispoñibles actualmente”

14/03/2024 | 14:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e Portugal colaboran na optimización da selección e tratamento de residuos mediante o uso da intelixencia artificial

Entidades galegas e lusas participan no proxecto Gresint, liderado por Sogama e financiado con fondos europeos, que contribuirá a modernizar as infraestruturas existentes de xestión de residuos coa finalidade de mellorar os seus resultados

14/03/2024 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os concellos poderán solicitar a partir de mañá as axudas da Xunta para rehabilitar edificios e vivendas destinados a alugueiro a prezos accesibles

Cunha dotación global de 2,2 M€, o Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá chegar a cubrir ata o 95% do custo das obras, cun límite de 57.000 € por subvención