Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

22/03/2024 | 13:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ampliará o visor A paisaxe de Galicia desde a bicicleta ata chegar a case 80 rutas e preto de 3.000 km

Ángeles Vázquez subliña que ante o éxito desta ferramenta dixital entre os amantes do ciclismo e os turistas que visitan a Comunidade, o seu departamento prevé incrementar este ano nun 50% os 52 roteiros que xa están dispoñibles para descarga

21/03/2024 | 18:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia ve escasos os fondos europeos que lle asigna o Goberno central para axudas de vivenda e pide máis recursos para as autonomías que cumpren obxectivos

A Xunta executou nos últimos dous anos case o 100% dos recursos procedentes de Europa con esta finalidade, pero as solicitudes de achegas recibidas para a rehabilitación enerxética dos edificios superaron os 140 millóns de euros

21/03/2024 | 14:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

A Xunta terá en marcha este verán as obras para construír ou rehabilitar preto de 400 novas vivendas de promoción pública

Rueda salienta que, deste xeito, se cumpre cos prazos “comprometidos” e co obxectivo de rematar esta nova Lexislatura cun parque público en Galicia de 8.000 vivendas

21/03/2024 | 13:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre a partir de mañá o prazo para solicitar axudas de ata 18.000 € para facer máis accesibles edificos residenciais e vivendas

É o terceiro ano consecutivo que o Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca este programa, dotado con case 9,5 M€ e que permitirá intervir nunhas 1.350 vivendas

21/03/2024 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Consorcio Casco Vello de Vigo sacará a concurso seis novas vivendas de protección autonómica

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, visitou este xoves os traballos de reforma do edificio de Elduayen 31-Ferrería 10

20/03/2024 | 14:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima aos promotores a apostar pola vivenda protexida e aproveitar a oportunidade histórica que supoñen os fondos europeos que xestiona Galicia

Ánxeles Vázquez incide en que a colaboración entre a Xunta e os promotores é clave para dar resposta ás demandas da cidadanía en materia de vivenda

20/03/2024 | 14:02 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima aos concellos e ao sector mar-industria a participar na consulta pública previa do regulamento de costas para frear a pretensión do Goberno central de expulsar as instalacións asentadas no litoral

O Goberno autonómico denuncia a falta de transparencia do Executivo central na tramitación dunha norma que foi anulada polo Tribunal Supremo e que pretende avanzar no seu obxectivo de eliminar calquera vestixio de presenza humana da costa independentemente do seu impacto social e económico

20/03/2024 | 11:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recoñecerá coa bandeira verde, por quinto ano consecutivo, aos concellos máis comprometidos co coidado da paisaxe e a protección medioambiental

Mañá, 21 de marzo, abrirase o prazo para que as entidades locais interesadas poidan presentar as súas candidaturas para optar a este distintivo

19/03/2024 | 19:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
19/03/2024 | 13:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta urxe ao Goberno central a iniciar o proceso para exixir responsabilidades económicas e ambientais polo impacto do incidente do Toconao en Galicia

Ángeles Vázquez lamenta que a Comunidade se volva sentir abandonada, ao igual que sucedeu en xaneiro tras a chegada de granulados plásticos ás costas galegas