Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.153 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

06/05/2024 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de Carballo e Coristanco

As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos

06/05/2024 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graos

04/05/2024 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará case 70.000 € ao deseño e elaboración de material divulgativo para protexer os valores da Rede de parques naturais de Galicia

O servizo, que acaba de licitarse, busca sensibilizar aos visitantes sobre a riqueza e a biodiversidade destes espazos na busca dun equilibrio entre uso público e conservación

03/05/2024 | 13:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concluirá este verán as obras de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha

Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer fronte á demanda de auga na época estival e a dar servizo ao parque empresarial

03/05/2024 | 13:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o compromiso do concello de Outeiro de Rei co medio ambiente e a conservación da paisaxe coa concesión da bandeira verde de Galicia

Enrique de Salvador pon en valor a ampla actividade municipal con actuacións como o acondicionamento das rutas de sendeirismo e do miradoiro da paisaxe de Paraños

02/05/2024 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferenciada de residuos e na posta en valor da materia orgánica

A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo galego investiu arredor de 45 millóns de euros

01/05/2024 | 12:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola pesca sustentable e a remuda xeracional no inicio da tempada do reo e do salmón nos ríos galegos

Salienta a colaboración fluída entre o Goberno autonómico e o sector para manter unha práctica deportiva de gran tradición na Comunidade e pon como exemplo medidas como a exención de taxas, que beneficia xa a máis de 13.000 afeccionados

30/04/2024 | 14:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro do proxecto europeo Green Gap

 Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

30/04/2024 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores ambientais, paisaxísticos e culturais deste espazo natural

Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais

29/04/2024 | 15:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca que a Xunta impulsará a aplicación efectiva da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral tras recibir o aval do Constitucional

Salienta que o Consello aprobou “o calendario e pasos a seguir” para aplicar de forma inmediata a normativa que permite a Galicia “xestionar o seu litoral”