Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.152 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

17/03/2023 | 14:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investiu xa 34 M€ no barrio coruñés de Xuxán e ten comprometidos outros 19,5 M€ para completar o seu desenvolvemento residencial

Heriberto García explica que ata o de agora o seu departamento destinou 27,5 M€ ás obras de urbanización, adquisición de solo e traballos técnicos realizados e 6,45 M€ máis nas 40 primeiras vivendas de promoción pública rematadas neste ámbito

17/03/2023 | 13:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsa o sector dos recursos naturais e enerxías sostibles co vínculo dos sistemas educativo e empresarial a través do Plan Conecta FP

Preto de 1.500 estudantes cursan as ensinanzas desta familia profesional nos 47 ciclos e 17 centros que a imparten, preto dun 38% máis que hai unha década

16/03/2023 | 15:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Paradela destinarán máis de 256.000 € á mellora da praza pública de Pacios

Entre as accións previstas, está un cambio de pavimento, a reparación de sumidoiros e a instalación de alumeado e mobiliario urbano

16/03/2023 | 14:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Ecoembes completan a implantación en Galicia da recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón

Sagrario Pérez salienta que unha gran maioría dos galegos están xa totalmente comprometidos coa xestión sustentable e eficiente dos residuos urbanos e cun consumo máis responsable nos seus fogares

16/03/2023 | 11:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por 1 M€ axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública

Estas subvencións, das que xa se beneficiaron preto de 3900 inmobles desde o ano 2016, van dirixidas a comunidades de propietarios de vivendas en edificios promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou transferidos ao mesmo

15/03/2023 | 15:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta expón ante a Convención Marco da ONU as estratexias de Galicia fronte ao cambio climático

O Goberno galego foi seleccionado para compartir a súa experiencia xunto ás comunidades autónomas da Rioxa, Andalucía, Murcia e País Vasco

15/03/2023 | 15:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Guntín estudan vías de colaboración para a remodelación da praza da Igrexa do municipio

Esta actuación podería acometerse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

15/03/2023 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 95.000 euros as obras destinadas a mellorar un espazo público en Mourelos, no concello de Touro

A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado en 2010 para apoiar ás entidades locais en proxectos que melloren as condicións e a calidade de vida da súa veciñanza
 

14/03/2023 | 13:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reitera o seu compromiso coa conservación das canles fluviais a través do proxecto Mil Ríos, que conta cun investimento de 5 M€

Ángeles Vázquez subliña que esta iniciativa pretende a restauración destes ámbitos, o incremento da biodiversidade e a optimización da conectividade ecolóxica

13/03/2023 | 15:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por un urbanismo responsable para garantir o equilibrio entre o urbano e o rural

Encarnación Rivas subliña que Galicia traballa na construción dun modelo que consolide os núcleos intermedios como elementos de equilibrio, tal e como establecen as Directrices de Ordenación do Territorio