Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 902 novas da C. do Mar:

10/03/2023 | 14:52 | C. do Mar

Martina Aneiros anima a consumir peixes e mariscos galegos a través da ruta da campaña Galicia sabe aMar que recala estes días en Ferrolterra

Esta iniciativa da Consellería do Mar percorrerá preto de 260 municipios de toda España vencellados co Camiño de Santiago nos que se servirán máis de 200.000 petiscos

10/03/2023 | 13:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Rueda garante que a nova Lei do litoral de Galicia compatibilizará a protección do medio ambiente e da vida social e económica da costa

Confirma que o obxectivo é que esta normativa, que converterá a Galicia na primeira comunidade en regular a súa franxa costeira, sexa aprobada polo Consello da Xunta ao final deste primeiro semestre
 

08/03/2023 | 19:48 | C. do Mar

A Xunta acorda co sector a apertura nos vindeiros días de entre 20 e 25 quilómetros adicionais de costa para a extracción de mexilla

A decisión foi adoptada tomando como base as propostas remitidas nas últimas semanas por unha parte do sector bateeiro á Consellería do Mar

08/03/2023 | 18:01 | C. do Mar

A Xunta destinou desde 2009 máis de 17 M€ a arredor de 400 proxectos para mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros de Galicia

Este investimento permitiu actuar sobre máis de 16 millóns de metros cadrados de superficie e sementar preto de 250 millóns de unidades de cría de ameixa

08/03/2023 | 09:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Policía Autonómica comisa en colaboración con Gardacostas de Galicia 21 quilos de centola, 9 quilos de choco e 3 quilos de bogavante en Marín

Os axentes tramitaron denuncias por diferentes infraccións da Lei de Pesca de Galicia, como a descarga dos produtos pesqueiros nun porto non autorizado ou o transporte da mercadoría sen documentos que avalen a súa trazabilidade e nun vehículo non autorizado

07/03/2023 | 09:47 | C. do Mar

Galicia defende a necesidade de crear unha fronte común forte a nivel europeo contra os plans de Bruxelas de restrinxir artes de pesca como o arrastre

A titular de Mar salienta que España debe realizar un intenso labor na busca de aliados noutros países con intereses pesqueiros para tratar de frear a posible posta en marcha de normativas coas que executar estas directrices

06/03/2023 | 17:09 | C. do Mar

A Xunta presenta tres propostas técnicas para a construción do porto mixto en Corcubión

A presidenta de Portos de Galicia e o delegado territorial da Xunta na Coruña trasladaron ao sector e a representantes municipais as opcións estudadas, que prevén a dotación de entre 150 e 200 prazas de amarre

04/03/2023 | 10:02 | C. do Mar

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle á vez tres tartarugas e un lobo mariño para a súa recuperación antes de volver ao seu medio natural

Esta semana chegaron ao Igafa os exemplares Comba e Coviña que se unen ás tartarugas Nemiña e Ferdylan que xa se atopaban no centro baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma)

03/03/2023 | 16:47 | C. do Mar

A Xunta avaliará a próxima semana cos bateeiros as propostas para abrir novas zonas de extracción da mexilla que achegou unha parte do sector tralo último encontro

A Consellería do Mar estaría en disposición de habilitar novas áreas de traballo unha vez conclúa a tramitación desas suxestións por parte dos técnicos, cuestión que facilitaría un acordo cos produtores de mexillón e coas confrarías de pescadores