Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

11/01/2023 | 12:38 | C. do Mar

A Xunta apoiou o ano pasado con preto de 2 M€ máis de 20 proxectos de mellora nas infraestruturas portuarias da provincia de Pontevedra

A convocatoria de 2023 destas achegas sairá publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia por valor de 4,6 millóns de euros e permitirá desenvolver proxectos para facilitar o labor dos profesionais do mar e impulsar a competitividade do sector

10/01/2023 | 11:58 | C. do Mar

Galicia promove a pesca sustentable e a remuda xeracional con 1,5 M€ en achegas para melloras a bordo dos buques pesqueiros

Rosa Quintana expuxo que o Diario Oficial de Galicia publicará esta semana a convocatoria de axudas de 2023 a propietarios de buques pesqueiros galegos que fomenten unha actividade sostible

09/01/2023 | 14:01 | C. do Mar

José Antonio Pérez Sieira é reelixido como presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores

O patrón maior da confraría de San Cibrao, Javier Sánchez, será o vicepresidente primeiro mentres que o patrón maior de Raxó, Iago Tomé, pasa a ocupar o cargo de vicepresidente segundo

07/01/2023 | 10:38 | C. do Mar

A Xunta promocionará a calidade e versatilidade dos produtos do mar de Galicia mediante catro rutas de ‘foodtrucks’ e foros gastronómicos

A Consellería do Mar porá en marcha estes itinerarios nos que a campaña GALICIA SABE AMAR achegará degustacións a base de produtos certificados das rías galegas a máis de 200 localidades españolas

05/01/2023 | 16:57 | C. do Mar

A Xunta confía na responsabilidade do sector bateeiro no inicio da campaña de extracción da mexilla para garantir unha explotación óptima do recurso

O Executivo galego lembra que as choivas das últimas semanas reduciron a salinidade da auga, o que debilita a semente de mexillón e dificulta a súa fixación nas cordas, polo que pide unha actuación responsable para facer un bo aproveitamento

04/01/2023 | 17:28 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta reitera ao Club de Remo da Pobra a súa total disposición a regularizar o uso das súas instalacións

Portos de Galicia está a analizar a solicitude presentada polo Concello da Pobra para poder ocupar ese espazo e accedendo a bonificacións de taxas

03/01/2023 | 13:37 | C. do Mar

A Xunta investirá este ano arredor de 3 M€ en renovar o alumeado de preto dunha trintena de portos con equipamentos de tecnoloxía led

A titular de Mar salienta que se instalarán elementos de altas prestacións e software de telecontrol para mellorar as condicións de iluminación e eficiencia enerxética nos espazos portuarios contribuíndo así a reducir a contaminación luminosa
 

02/01/2023 | 12:25 | C. do Mar

A Xunta apoiará este ano con 4,6 M€ as melloras nas infraestruturas e equipamentos das lonxas e portos pesqueiros de Galicia

A convocatoria destas achegas sairá publicada no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana e permitirá desenvolver proxectos para facilitar o labor diario dos profesionais do mar e impulsar a competitividade do sector e a súa rendibilidade