Actualidade
Buscador de novas
A Xunta traballa para autorizar a instalación de cordas colectoras en bateas de reparqueo ou de cultivo de ostra para reforzar a captación de mexilla
O Executivo galego avalía esta e outras medidas para facilitar o labor dos bateeiros nun momento no que o modelo de produción -coa venda de mexillón máis pequeno- require de máis cría xusto cando o número de individuos en idade reprodutora é menor
A Xunta presenta ao sector profesional de Cambados o proxecto de ampliación da lonxa de Tragove cun investimento previsto de máis de 1 M€
A presidenta de Portos de Galicia trasladou á confraría de pescadores a proposta técnica de ampliación e mellora do edificio dotándoo de novos espazos para a limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelació
A Xunta reunirá ao Consello Galego de Pesca para analizar o plan de acción co que Bruxelas busca vetar a pesca de arrastre no 30 % das augas comunitarias
Esta xuntanza terá lugar en próximos días e nela Galicia trazará unha folla de ruta de defensa da frota galega ante estas restricións desproporcionadas que desatenden a realidade marítimo-pesqueira
Galicia arma a estratexia de defensa da súa frota no recurso contra o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica afondou con representantes da Organización de Produtores Pesqueiros de Burela e do bufete J&A Garrigues en cuestións técnicas para dar solidez aos argumentos da comunidade
Galicia participa na mellora da capacitación laboral no eido das enerxías renovables mariñas a través do proxecto europeo Flores
O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar coordina a iniciativa Visión de Futuro nas Enerxías Renovables Mariñas, na que interveñen un total de 15 socios de 8 países
A Xunta investirá 100.000 euros na pavimentación da explanada portuaria de Vilanova de Arousa
A presidenta de Portos de Galicia mantivo sendas reunións coa confraría de pescadores da localidade e co Concello para abordar os proxectos portuarios para o municipio
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle á tartaruga Ferdylan para a súa recuperación
Permanece no Igafa xunto a Nemiña, que chegou ao centro en decembro do ano pasado, en observación e baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) para devolvela ao medio natural cando estea plenamente rehabilitada
A Xunta remata a modernización da fábrica de xeo do porto de Cambados cun investimento de 600.000 € a prol da Confraría de Pescadores San Antonio
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, supervisaron esta mañá unha actuación orientada á mellora da eficiencia enerxética desta instalación de frío, a produción de xeo en escamas e a reconversión dos seus xeradores
A Xunta anima a consumir peixes e mariscos galegos nas rutas gastronómicas da campaña ‘Galicia sabe aMar’ que chegará a toda España
Os catro itinerarios pasarán por un total de 260 municipios vencellados co Camiño de Santiago e que suman arredor de 13 millóns de habitantes
A Xunta reafirma o seu apoio á investigación para esclarecer as causas do naufraxio do Villa Pitanxo
Rueda cualifica de “valentes” e “auténticos heroes” os tripulantes do Playa Menduíña Dos pola súa actuación na recuperación das vítimas e no rescate dos sobreviventes