Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

15/03/2023 | 13:33 | C. do Mar

A Xunta investirá arredor de 130.000 € na reforma do edificio da nave de xeo do porto de Muxía

A presidenta de Portos de Galicia presentou ao sector o proxecto para renovar a cuberta e as fachadas do inmoble para dar resposta ás necesidades trasladadas pola confraría de pescadores local

15/03/2023 | 10:22 | C. do Mar

Galicia apela á creación de alianzas entre as rexións pesqueiras europeas para defender os intereses da frota ante as restricións procedentes de Bruxelas

A titular de Mar defendeu o equilibrio entre os aspectos ambientais, sociais e económicos para manter a actividade produtiva tendo en conta as intencións da Comisión Europea de limitar en augas comunitarias artes de pesca como o arrastre

14/03/2023 | 14:27 | C. do Mar

A Xunta baseará o deseño de alternativas para a mellora da seguridade na dársena de Malpica en estudos pioneiros sobre onda longa e resonancia

Susana Lenguas trasladou aos grupos parlamentarios as conclusións da toma de datos realizada durante os dous últimos invernos e que revelan as condicións extremas do porto a causa, en parte, deste fenómeno pouco coñecido ata o momento

14/03/2023 | 13:19 | C. do Mar

Preto de 20.000 nenas e nenos coñeceron nos últimos dous anos os beneficios de incluír os produtos do mar na dieta coa campaña ‘Fai clic ao teu bocata’

A titular de Mar salienta a importancia de promover entre o público infantil o consumo de peixes e mariscos para favorecer unha alimentación saudable e impulsar ao mesmo tempo a demanda deste tipo de elaboracións

13/03/2023 | 17:09 | C. do Mar

A Xunta presenta as conclusións da toma de datos e estudos técnicos que buscan a mellora da operatividade na dársena interior de Malpica

Os traballos levados a cabo por Portos de Galicia revelan a exposición extrema da dársena, provocando un efecto de resonancia que afecta con maior incidencia en portos doutras comunidades do Cantábrico que nas costas galegas

13/03/2023 | 14:28 | C. do Mar

A Xunta destaca o potencial dos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro na dinamización do turismo e da economía do litoral

O hotel Bela Fisterra caracterízase por unha arquitectura responsable que conecta coas tradicións e arquitectura industrial do lugar, suma varios premios de deseño e contou cunha axuda pública de 200.000 euros
 

10/03/2023 | 14:52 | C. do Mar

Martina Aneiros anima a consumir peixes e mariscos galegos a través da ruta da campaña Galicia sabe aMar que recala estes días en Ferrolterra

Esta iniciativa da Consellería do Mar percorrerá preto de 260 municipios de toda España vencellados co Camiño de Santiago nos que se servirán máis de 200.000 petiscos

10/03/2023 | 13:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Rueda garante que a nova Lei do litoral de Galicia compatibilizará a protección do medio ambiente e da vida social e económica da costa

Confirma que o obxectivo é que esta normativa, que converterá a Galicia na primeira comunidade en regular a súa franxa costeira, sexa aprobada polo Consello da Xunta ao final deste primeiro semestre
 

08/03/2023 | 19:48 | C. do Mar

A Xunta acorda co sector a apertura nos vindeiros días de entre 20 e 25 quilómetros adicionais de costa para a extracción de mexilla

A decisión foi adoptada tomando como base as propostas remitidas nas últimas semanas por unha parte do sector bateeiro á Consellería do Mar