Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

20/03/2023 | 12:35 | C. do Mar

A Xunta investirá 2 M€ na mellora do abrigo e a ampliación de prazas de amarre no porto de Portosín

A solución elixida entre catro propostas técnicas avaliadas suporá a instalación dun dique de abrigo flotante de 120 metros de lonxitude e a construción de pantaláns para habilitar zonas de atraque para 17 embarcacións na contorna da nave de redes

19/03/2023 | 18:18 | C. do Mar

O diálogo coas confrarías e as principais asociacións de bateeiros permite a apertura de novas zonas para a extracción de mexilla ata acadar os 22 quilómetros adicionais na última semana

A Consellería do Mar autorizou hoxe novos espazos pertencentes ao ámbito territorial das confrarías de A Guarda e O Grove que se suman aos decretados esta semana en zonas da Coruña, Lorbé, Corme, Muros, Laxe, Caión e Muxía
 

19/03/2023 | 10:35 | C. do Mar

A Xunta presenta á Confraría de Camelle a proposta de dragaxe do peirao local cun investimento previsto de 200.000 €

A presidenta de Portos de Galicia expuxo esta semana ao sector da zona o proxecto para que este peirao do concello de Camariñas recupere calado e mellore a súa operatividade

18/03/2023 | 13:20 | C. do Mar

A Xunta convoca un curso de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo para 12 persoas

O prazo de matrícula está aberto ata o vindeiro 14 de abril e as accións formativas impartiranse no Instituto Galego de Formación en Acuicultura entre maio e xuño
 

17/03/2023 | 14:32 | C. do Mar

Rosa Quintana enxalza o intenso labor da comunidade científica para avanzar no coñecemento da gran biodiversidade mariña de Galicia

A titular de Mar salientou a importancia de contar con traballos de investigación exhaustivos para coidar os hábitats e especies únicas coma estas así como educar á sociedade sobre a súa relevancia no ecosistema

17/03/2023 | 13:28 | C. do Mar

A Xunta inviste arredor de 170.000 euros na mellora de pavimentos e ordenación do tráfico no porto de Sada

Portos de Galicia iniciou as obras de renovación de firmes na zona da dársena deportiva e posteriormente actuará nas chancelas do peirao pesqueiro e a contorna do centro comercial, onde se habilitarán 166 praza de estacionamento

17/03/2023 | 09:19 | C. do Mar

A Xunta fixa servizos mínimos íntegros para blindar o servizo de helicópteros de gardacostas ante a folga convocada polos sindicatos na empresa adxudicataria

O acto de protesta afecta á empresa que obtivo o contrato para a prestación do servizo aéreo de salvamento mediante concurso público

16/03/2023 | 12:47 | C. do Mar

A Xunta conclúe a reparación da nave de departamentos para usuarios do porto de Laxe cun investimento de 60.000 euros

As actuacións executadas por Portos de Galicia consistiron na mellora das fachadas e da estrutura do inmoble

15/03/2023 | 16:11 | C. do Mar

A Xunta e a industria de produtos do mar conxelados investirán 400.000 euros en distintas accións de promoción para impulsar a competitividade do sector

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e Conxemar para a mellora da comercialización destes elaborados da pesca, marisqueo e acuicultura ao longo deste ano