Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

01/04/2023 | 18:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar
01/04/2023 | 14:30 | C. do Mar

A campaña ‘Galicia sabe amar’ promove na comarca da coruña o consumo de peixes e mariscos

Esta iniciativa, que percorre a xeografía española a través de catro foodtrucks, permite degustar unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade de recursos mariños da comunidade

01/04/2023 | 12:14 | C. do Mar

Portos de Galicia e o Concello de Noia analizan as posibilidades de ordenación da fachada marítima

O ente público dependente da Consellería do Mar contratou a un estudo arquitectónico unha proposta para a integración e aproveitamento do bordo litoral

30/03/2023 | 18:42 | C. do Mar

Preto de 900 profesionais do marisqueo a pé e 25 embarcacións participarán este ano na recollida activa de lixo en Galicia

A Xunta aprobou unha axuda global de máis de 337.000 euros para 13 proxectos de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños que prevén un total de 120 xornadas de limpeza no litoral da comunidade

30/03/2023 | 16:12 | C. do Mar

A Xunta traballa no anteproxecto de reforma do bordo portuario de Portonovo cun investimento estimado de arredor de 15 M€

O punto de partida é o proxecto gañador do concurso de ideas posto en marcha en xaneiro do ano pasado por Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo

30/03/2023 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta expón as bases da futura Lei do litoral ante un dos maiores expertos europeos en dereito ambiental

Trasládanlle a transcendencia para Galicia desta norma, pioneira en España, polo peso e a importancia que ten a costa desde o punto de vista económico, patrimonial e social

30/03/2023 | 14:54 | C. do Mar

A Xunta presenta dous proxectos para dotar de prazas de amarre aos bateeiros da ría de Vigo cun orzamento previsto de 4,3 M€

Portos de Galicia impulsa en paralelo os proxectos de San Adrián de Cobres e Domaio para instalar cadanseu dique flotante e habilitar atraques en pantalán para as 36 embarcacións mexilloeiras que operan nestas instalacións

30/03/2023 | 09:53 | C. do Mar

Galicia presenta a demanda para acompañar á frota no seu recurso contra o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas

Se o Tribunal Xeral da Unión Europea acepta a participación como parte coadxuvante, a Xunta poderá intervir no procedemento e defender de xeito directo os intereses tanto do sector afectado como do conxunto da autonomía

29/03/2023 | 13:32 | C. do Mar

A Xunta acomete a mellora da seguridade da estrutura de atraque do porto da Pasaxe pola vía de emerxencia

A actuación, que conta cun orzamento de máis de 580.000 euros, está xa en marcha trala súa tramitación pola vía de urxencia para evitar as consecuencias dun posible afundimento da instalación tanto no medio ambiente como para a navegación

28/03/2023 | 13:34 | C. do Mar

A Xunta destaca a feira AquaFuture como chave para fortalecer a competitividade sustentable do sector galego de cultivo de produtos do mar

Rosa Quintana destacou a aposta firme da Xunta polo desenvolvemento desta actividade apostando sempre polo diálogo, atendendo ás exixencias das novas formas de alimentación e á sustentabilidade medioambiental e socioeconómica