Actualidade
Buscador de novas
Galicia enxalza na feira italiana Tutto Food a calidade dos seus produtos do mar na busca de novas oportunidades de negocio
A Comunidade está neste certame cun posto de 200 metros cadrados que acolle a 12 entidades coexpositoras do sector marítimo-pesqueiro e a unha na modalidade de centro de negocios co fin de promover novos lazos comerciais con firmas doutros países
A Xunta colabora con Culturmar na organización do XVI Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia
Portos de Galicia colabora neste evento, que terá lugar no porto de Sada entre o 3 o 6 de agosto, co obxectivo de promover a defensa do patrimonio marítimo material e inmaterial
Rueda destaca o valor engadido que achega o complexo mar-industria no desenvolvemento de Galicia
Subliña o papel de Anfaco-Cecopesca no feito de que España sexa líder na elaboración de produtos derivados do mar e do pulo de Galicia na exportación
A Xunta destaca a importancia de realizar labores de rexeneración nos bancos marisqueiros para impulsar a súa produtividade
O Lamón de San Fiz, no Barqueiro, é unha das áreas afectadas polos temporais de decembro e xaneiro e nela estase a remover o substrato co fin de realizar novas sementeiras e favorecer a reprodución da ameixa
A Xunta enxalza o intenso labor dos investigadores galegos na recollida de datos para mellorar a xestión das zonas costeiras e prever incidencias
Ángeles Vázquez salienta que Galicia conta con importantes centros de referencia nacional e internacional que traballan na obtención e análise de múltiples parámetros do medio mariño a través de redes como o Observatorio costeiro
Expertos de Galicia e Portugal debaterán sobre o futuro do río Miño e a súa contorna como destino turístico nun seminario do Proxecto Atlazul
A xornada celebrarase o vindeiro 3 de maio na sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo e na súa apertura participarán a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora-xerente do Cetmar, Paloma Rueda
A Xunta salienta a excelencia de Pescados Marcelino na produción artesanal de mexillón ecolóxico
Esta empresa familiar canguesa cultiva arredor de 2.000 toneladas anuais deste molusco e realiza unha importante aposta pola I+D+i nos procesos produtivos a prol da mellora da eficiencia enerxética e a protección do medio ambiente