Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

13/06/2023 | 14:58 | C. do Mar

Galicia presenta os avances na loita contra o lixo mariño na conferencia final do proxecto europeo Cleanatlantic

O acto de peche da iniciativa será o vindeiro 21 de xuño na sede do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, en Vigo, onde os investigadores darán conta dos principais resultados obtidos e as ferramentas desenvolvidas nos seus sete anos de traballo

12/06/2023 | 13:20 | C. do Mar

A Xunta destaca a economía azul e os produtos do mar como motores de crecemento nas zonas costeiras

Antonio Basanta salienta o papel destacado que xoga a comunidade neste ámbito cos investimentos realizados en eidos como a pesca, a acuicultura, o marítimo-portuario ou o turismo

11/06/2023 | 11:06 | C. do Mar

A Xunta forma un grupo da Garda Nacional de Dubai en materia de rescate e loita contra a contaminación no mar

O Servizo de Gardacostas impartiu un curso homologado a nivel internacional, con parte teórica e práctica, a 14 membros deste organismo dos Emiratos Árabes Unidos

09/06/2023 | 13:20 | C. do Mar

A Xunta destaca a aposta de Atunlo pola innovación e a economía circular coa instalación dunha fábrica de aceite de atún neutralizado

Rosa Quintana enxalzou o carácter pioneiro desta iniciativa a nivel internacional, que busca o maior aproveitamento posible da materia prima a través do procesamento das cabezas dos túnidos

08/06/2023 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural; C. do Mar

Diego Calvo destaca a fortaleza da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia como evento multisectorial

O vicepresidente segundo da Xunta participou xunto co conselleiro do Medio Rural e a conselleira do Mar na apertura da 45ª edición

08/06/2023 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

Preto de 80 profesionais do marisqueo a pé e 15 embarcacións participarán este ano na recollida activa de lixo mariño na zona de Ferrol

A Xunta apoia con 95.300 euros tres proxectos de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños que prevén un total de 39 xornadas de limpeza no litoral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

08/06/2023 | 13:25 | C. do Mar

A Xunta aforra un 70 % de enerxía no bombeo de augas residuais en sete portos pontevedreses grazas ao uso de equipamentos intelixentes e o control telemátic

Portos de Galicia ten en marcha un proxecto piloto de monitorización e seguimento en tempo real destas instalacións nos portos da Guarda, Baiona, Cangas, Tragove, Bueu, Vilanova de Arousa e O Xufre

07/06/2023 | 13:51 | C. do Mar

A aplicación impulsada pola Xunta para reducir as interaccións con candorcas na navegación rexistra 150 avistamentos en medio ano de funcionamento

Rosa Quintana destacou que a APP Orcinus ten máis de 2.700 usuarios rexistrados de preto de 40 países diferentes e que todas as xeolocalizacións contabilizadas destes animais se sitúan ao sur de Lisboa pola súa dinámica de movemento