Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 715 novas da C. do Mar:

23/05/2024 | 18:39 | C. do Mar

Villares destaca as melloras na habitabilidade e seguridade nos buques galegos e os seus efectos nas condicións de traballo dos profesionais

O titular de Mar subliñou as importantes sinerxías creadas entre as empresas pesqueiras da comunidade e os estaleiros no proceso de modernización da frota contribuíndo ao crecemento económico de Galicia

23/05/2024 | 18:08 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor a fortaleza e a competitividade do sector pesqueiro galego como piares da súa presenza internacional

O responsable autonómico destaca a importancia de que as compañías galegas dominen todas as fases da produción, desde a captura da materia prima, ata comercialización do produto final para xerar un maior valor engadido 

23/05/2024 | 16:42 | C. do Mar

Portos de Galicia outorga títulos para a xestión de espazos públicos con bonificacións de ata o 90 % en Muxía, Laxe, O Freixo, A Guarda e Ortigueira

Entre as instalacións suxeitas á redución de taxas atópanse edificios de lonxa, estaleiros, estacións marítimas e aulas de formación

22/05/2024 | 19:44 | C. do Mar

Villares garante en Baleira o apoio decidido da xunta á acuicultura galega, sector ao que a consellería destinará este ano máis 20,6 millóns de euros

Destaca que apostar por estes centros produtivos ten efectos positivos na economía e na creación de emprego, respectando a legalidade e o coidado do medio ambiente, pero tamén no compromiso de dar vida ao rural e atallar o reto demográfico

22/05/2024 | 16:32 | C. do Mar

Portos de Galicia e o Concello de Mañón asinan un convenio de colaboración para o mantemento das canalizacións de depuración de augas

O ente público autoriza á Administración local a intervención en zona portuaria para as tarefas relativas á rede de saneamento en Bares e O Barqueiro

22/05/2024 | 12:12 | C. do Mar

O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia presenta os seus avances nunha asemblea que reúne en Santiago a máis de 170 investigadores

Durante a xuntanza, que tivo lugar hoxe na Cidade da Cultura, desenvolvéronse 36 relatorios agrupados en 5 paneis por parte de expertos de 10 institucións

21/05/2024 | 16:48 | C. do Mar

A Xunta apoia a actividade marisqueira de Galicia con axudas que superan os 11 M€

Con este obxectivo, a Consellería do Mar fixo unha encomenda de xestión a Seaga para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños por valor de 1,3 M€ e incrementou nun 20 %, con respecto a 2023, a achega para mellorar a produtividade dos bancos marisqueos con perda de produción

21/05/2024 | 16:05 | C. do Mar

A Xunta de Galicia adxudica o servizo mantemento das instalacións eléctricas dos portos autonómicos durante 3 anos por 1,9 M€

José Antonio Álvarez informou de que o contrato contempla a posibilidade de prórroga por 2 anualidades máis ata un valor total de 3,6 millóns