Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

28/06/2023 | 20:05 | C. do Mar

A Xunta salienta que as medidas adoptadas na última campaña de extracción de Mexilla permitiron atender as necesidades do sector bateeiro

A Consellería do Mar ten constancia de que a maioría das bateas conta co recurso necesario para garantir a súa produción
 

27/06/2023 | 16:14 | C. do Mar

Galicia reivindica políticas pesqueiras europeas que aposten polo rigor científico e pola súa implantación gradual para protexer a frota

O titular de Mar lamentou o marcado cariz medioambientalista que está a tomar a Comisión Europea e apelou á necesidade de evitar que se repitan medidas arbitrarias como o veto á pesca de fondo en 87 áreas de augas comunitarias

26/06/2023 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta advirte de que as trabas do Estado a renovar a concesión da empresa A Ostreira fan perigar a subministración de semente ao sector marisqueiro

Ángeles Vázquez lamenta que as instalacións que a empresa ten no Grove vexan comprometido o seu futuro polas exixencias do Goberno central de cambiar de lugar unhas piscinas asentadas no dominio público marítimo-terrestre que son vitais no seu proceso de produción e que carecen de localización alternativa

24/06/2023 | 13:42 | C. do Mar

A Xunta dotará o peirao do Barqueiro dun novo dique de abrigo cun investimento de 100.000 euros

O prazo de presentación de ofertas da licitación desta actuación remata o próximo luns e os requisitos poden consultarse na plataforma de Contratos de Galicia

23/06/2023 | 10:41 | C. do Mar

Mañá comeza a veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

A prohibición de extracción deste crustáceo prolongarase ata o vindeiro 5 de novembro na costa coruñesa e pontevedresa

22/06/2023 | 11:10 | C. do Mar

Preto dun cento de técnicos e investigadores galegos poñen en valor información recollida nos últimos 30 anos sobre os recursos marisqueiros

O Simposio de Técnicos de Marisqueo realízase ao abeiro da Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia e busca intercambiar coñecementos sobre a rexeneración de bancos marisqueiros e as súas variables ambientais así como sobre a dinámica e avaliación das poboacións de distintos recursos

21/06/2023 | 18:53 | C. do Mar

A Xunta pon en valor a colaboración transnacional na loita contra o lixo mariño dentro do proxecto CleanAtlantic

O conselleiro do Mar clausurou a conferencia final desta iniciativa europea onde enxalzou a súa importancia para mellorar os sistemas de xestión e monitorización de residuos mariños e para concienciar á cidadanía sobre o coidado do mar