Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

07/07/2023 | 19:53 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda destaca a Carlos Botana como o perfil ideal para impulsar a competitividade e a capacidade loxística do porto de Vigo

Subliña o amplo coñecemento da institución por parte do novo presidente da Autoridade Portuaria, o seu carácter dialogante e a aposta por “buscar consensos”

07/07/2023 | 12:53 | C. do Mar

Alfonso Villares censura que o Goberno central persista en excluír os produtos do mar da rebaixa do IVE pois dificulta o labor para impulsar o seu consumo

O titular de Mar anima ás galegas e galegos a apostar polos peixes e mariscos na súa dieta para gañar en saúde e benestar en todas as etapas da vida

06/07/2023 | 14:12 | C. do Mar

A Xunta celebra en Vigo o primeiro foro “Galicia sabe amar” que anima a consumir produtos do mar para mellorar a saúde e o benestar da poboación

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, inaugurará o evento, que se celebrará no Museo do Mar e contará con degustacións, mesas de debate e conferencias a cargo de profesionais da saúde e do mar, cociñeiros ou divulgadores, entre outros expertos

03/07/2023 | 14:45 | C. do Mar

A Xunta traslada ás federacións de confrarías que a Lei de Ordenación do Litoral dará seguridade xurídica ao sector do mar de Galicia e velará polo seu futuro

O titular de Mar expuxo aos presidentes das catro entidades que a comunidade vai exercer plenamente as súas competencias para evitar a expulsión da costa de actividades que non se poden desenvolver afastadas del

02/07/2023 | 10:46 | C. do Mar

Mañá comeza a campaña extractiva do polbo en toda Galicia e arranca a veda da centola na provincia de Lugo

A pesca do cefalópodo prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2024, que se fixará no correspondente plan de xestión