Actualidade
Buscador de novas
Galicia defende a necesidade de fuxir de medidas en exceso medioambientalistas na xestión pesqueira e que se teña en conta ás rexións na toma de decisións
Alfonso Villares trasladou a Pierre Karleskind a preocupación da comunidade galega ante a deriva da Comisión Europea que se reflicte en restricións á actividade pesqueira como o veto á pesca de fondo
A Xunta constata que é viable producir semente de mexillón en criadeiro coa entrega ao sector de máis de 11 millóns de unidades en apenas un ano
O titular de Mar salientou que esta alternativa para a obtención de cría permitiría reducir a dependencia do medio natural e que o modelo existente no Centro de Investigacións Mariñas, a pequena escala, é completamente exportable e replicable
As pemes galegas de transformación de produtos do mar impulsan este ano 50 proxectos de innovación por importe de 17,6 M€ para mellorar a súa competitividade
A Xunta apoia ás beneficiarias co 50 % do importe subvencionable e concede máis de 8,8 millóns de euros en axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, na convocatoria de 2023
A Xunta intervirá activamente no recurso da frota contra o veto á pesca de fondo ao aprobar o Tribunal da Unión europea que actúe como parte coadxuvante
O titular de Mar subliña que a resolución xudicial emitida o pasado venres é un paso moi importante pois poucas peticións deste tipo realizadas polas rexións prosperan e recoñece que a prohibición decretada por Bruxelas en 87 zonas de augas comunitarias impacta nos intereses de Galicia, que poderá aportar e rebater argumentos no proceso
Rueda destaca o labor da Autoridade Portuaria de Vigo para construír a cidade do futuro e consolidar este porto como un referente a nivel internacional
Amosa a plena disposición da Administración autonómica para colaborar á hora de impulsar a súa competitividade e capacidade loxística e reclamar os compromisos en materia de infraestruturas co peirao e a súa área de influencia
Rueda destaca que a nova Lei do litoral dá seguridade ás empresas da cadea mar-industria, un sector que xera 9.000 M€ ao ano e uns 40.000 empregos directos
Subliña que a norma aporta estabilidade e permitirá manter 4.000 edificacións como empresas, colexios ou centros de saúde que están no litoral e que a normativa do Goberno central poñía en risco