Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

28/07/2023 | 15:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Mar

O Festival Iacobus maris experience abre o seu village no porto de Vigo co apoio da Xunta

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, visitou este venres o buque escola “Atyla” e o visor submarino Nautilus que terán as súas portas abertas ata o domingo

27/07/2023 | 11:27 | C. do Mar

As tartarugas Ferdylan, Geno e Cicliña volven ao seu medio natural trala súa recuperación no Instituto Galego de Formación en Acuicultura

Foron embarcadas nos últimos días no porto de Vilaxoán para a súa posterior liberación e regreso ás augas do Caribe tras pasar varios meses no centro dependente da Xunta baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

22/07/2023 | 12:35 | C. do Mar

A Xunta e a Fundación Traslatio achegan o mar e o consumo de produtos pesqueiros á cidadanía con visitas ao Nautilus e talleres no Hidria Segundo

A Consellería do Mar colabora con esta entidade na difusión da importancia do sector e na inclusión dos peixes e mariscos na dieta a través de accións como a entrada ao visor submarino ou obradoiros a bordo do buque a vapor

20/07/2023 | 14:59 | C. do Mar

A Xunta impulsa a divulgación do patrimonio marítimo e a educación azul coa xira do buque Atyla por distintos portos galegos

A embarcación escola percorrerá entre o 26 de xullo e o 21 de agosto os peiraos de Vigo, Combarro, Sada, Viveiro, Corcubión e Muros, onde poderá visitarse de balde

19/07/2023 | 13:30 | C. do Mar

Galicia compensa ata o 50% das caídas de ingresos rexistradas polos acuicultores en 2022 ante peches prolongados da actividade pola presenza de toxinas

O titular de Mar destaca que a Xunta destina 500.000 euros a estes apoios para paliar o impacto nos resultados das empresas da prohibición de recoller os moluscos cultivados de xeito ininterrompido durante máis de catro meses consecutivos