Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

03/08/2023 | 19:38 | C. do Mar

A Xunta apoia con máis de 1,5 M€ un total de 85 proxectos de eficiencia enerxética e melloras a bordo dos buques pesqueiros

O Executivo galego destina estas achegas a mellorar a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais embarcados, así como á eficiencia no consumo de combustibles para mitigar o cambio climático mediante medidas como o cambio de motores, entre outros aspectos

03/08/2023 | 17:38 | C. do Mar

Catro titulados en ciclos formativos de acuicultura beneficiaranse de bolsas que convocará a Xunta para perfeccionar a súa formación

O Consello da Xunta autorizou esta mañá o compromiso de gasto destas bolsas para a realización de prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos durante dous anos no Instituto Galego de Formación en Acuicultura

03/08/2023 | 09:01 | C. do Mar

A Xunta ultima a estratexia para salvagardar e poñer en valor o conxunto do patrimonio marítimo galego

O titular de Mar sinala que está en fase moi avanzada o Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030, composto por un centenar de medidas

02/08/2023 | 13:54 | C. de Sanidade; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta pon en marcha un programa para previr disfuncións do solo pelviano nas mariscadoras da área sanitaria de Pontevedra e Salnés

O goberno galego presentou hoxe en Raxó un programa de intervención comunitaria do que se poderán beneficiar máis de 1.400 mariscadoras desta área

31/07/2023 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar

A Xunta avanza que este verán completará o saneamento da ría de Viveiro e do núcleo de Celeiro logo dun investimento de case 8 M€

Ethel Vázquez destaca que as infraestruturas construídas para a condución e impulsión ata a depuradora de Viveiro das augas residuais de Celeiro están case finalizadas poderán poñerse en servizo en setembro

29/07/2023 | 12:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta pon de relevo que a futura Lei de igualdade regulará os dereitos das mulleres do mar e daralles prioridade nas políticas de emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe nunha convivencia de mariscadoras na illa de San Simón co gallo de poñelas en valor e de visibilizar o seu traballo

Referiuse ao oficio como “parte do noso patrimonio cultural, pero tamén do noso presente e do noso futuro”, polo que cómpre relevo xeracional e unha mellora das súas condicións laborais