Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

24/08/2023 | 14:07 | C. do Mar

A Xunta salienta o rol da Festa do Mar de Combarro na difusión da gastronomía e cultura mariñas de Galicia

O conselleiro do Mar participou hoxe na inauguración deste evento que acolle o municipio de Poio ata o vindeiro domingo 27 de agosto

24/08/2023 | 11:39 | C. do Mar

Galicia destina 7,5 M€ a compensar os maiores custos de produción das empresas de transformación e venda de produtos do mar pola guerra en Ucraína

A orde pola que se aproban estas axudas sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e engádese ás dirixidas á acuicultura e á frota extractiva publicadas nos últimos días, co que o investimento total para paliar o impacto na cadea mar-industria do conflito bélico rolda os 15 M€

23/08/2023 | 15:04 | C. do Mar

A Xunta destaca o labor da Autoridade Portuaria da Coruña a prol de achegar os peiraos á cidadanía e mostrar a súa importancia socioeconómica

Alfonso Villares enxalzou a dimensión internacional do peirao herculino, que é un dos grandes centros loxísticos do Atlántico e líder do noroeste peninsular en tráfico de cruceiros

23/08/2023 | 11:01 | C. do Mar

Galicia destina este ano máis de 2,7 M€ a apoiar os plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros

As axudas pretenden compensar os gastos nos que incorreron estas entidades para o deseño e execución das estratexias desenvolvidas en 2022 incluíndo custos de persoal, material, equipamentos ou desprazamentos, entre outros

20/08/2023 | 17:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Ángeles Vázquez resalta a calidade da ameixa de Carril e agradece a “honra” de converterse nunha das súas embaixadoras

Durante o acto conmemorativo, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica entregou os premios Ameixa de Ouro e Ameixa de Prata ademais de distinguir ao Parquista xoven, ao Parquista de honra e ás novas donas e cabaleiros

18/08/2023 | 13:03 | C. do Mar

Alfonso Villares anima a frota a acollerse ás axudas da Xunta para compensar o encarecemento do gasóleo pola guerra en Ucraína e paliar o seu impacto

O titular de Mar salienta que o Executivo galego pon a disposición do sector máis de 3,6 millóns de euros en achegas dirixidas a todos os segmentos de buques

17/08/2023 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

Agustín Reguera destaca a calidade dos peixes e mariscos galegos na visita á foodtruck de 'GALICIA SABE AMAR' en Vilagarcía

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou hoxe a iniciativa promocional da Consellería do Mar na Alameda de Vilagarcía, onde se porán en valor os nosos peixes e mariscos ata o vindeiro sábado en quendas de mañá e tarde