Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

05/09/2023 | 12:48 | C. do Mar

A Xunta aprobou o 85 % das solicitudes de axuda polo paro temporal da actividade marisqueira nos bancos da Ría de Arousa por un importe de preto de 1,6 M€

Antonio Basanta detallou que se resolveron favorablemente 278 dos 325 expedientes recibidos para compensar a paralización da actividade entre o 1 de febreiro e o 30 de abril nos Lombos do Ulla, Bohído e Cabío
 

04/09/2023 | 13:01 | C. do Mar

O centro A Aixola inicia o curso con 24 prazas en dúas novas accións formativas para o sector pesqueiro

As clases son gratuítas e a inscrición está aberta para as últimas vacantes a través da páxina web do centro

01/09/2023 | 13:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta garante que coa entrada en vigor da Lei do litoral Cambados xa pode seguir adiante co plan especial da zona portuaria

Ángeles Vázquez anima ao Concello a retomar a tramitación do proxecto impulsado en 2014 para desenvolver o porto de Tragove e San Tomé e subliña que o novo marco normativo galego regula como actividades estratéxicas do dominio público as instalacións ligadas á cadea mar-industria, polo que “xa non hai obstáculos”

26/08/2023 | 12:17 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

As redeiras de Corme amosan en París o seu oficio e a nova colección de complementos para mascotas xurdida a raíz do proxecto ‘Enredadas’

Rosa Rodríguez e Gloria Santos, redeiras de Corme (Ponteceso) participan esta fin de semana na inauguración dunha tenda efémera no mercado Le Bon Marché de París na que realizarán demostracións con aparellos de pesca e personalizarán complementos para mascotas da empresa The Painter’s Wife

25/08/2023 | 13:53 | C. do Mar

As foodtrucks de 'GALICIA SABE AMAR' achegaron xa a calidade dos produtos galegos do mar a preto de 230.000 persoas de toda España

O titular de Mar destaca a importancia das accións de promoción dos peixes e mariscos para impulsar o consumo e fomentar hábitos de vida saudables