Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 715 novas da C. do Mar:

01/06/2024 | 15:56 | C. do Mar

O INTECMAR organiza unhas novas xornadas de portas abertas para dar a coñecer o extraordinario labor que realiza en prol do control do medio mariño

Os participantes comprobarán a funcionalidade deste centro, creado en 1.992, para dar cumprimento á lexislación vixente en materia de calidade de produción de moluscos e outros organismos, contribuíndo á protección do medio mariño 

31/05/2024 | 14:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta lanza unha campaña de sensibilización para mellorar a identificación das enfermidades profesionais das mariscadoras e das redeiras

Esta iniciativa conta coa colaboración da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca e busca un mellor coñecemento das causas laborais destas patoloxías co fin de que reciban a atención sanitaria axeitada e de que sexa recoñecido este dereito de saúde laboral destes colectivos

30/05/2024 | 18:26 | C. do Mar

A Xunta traslada a súa colaboración ao Goberno central para que asuma o abono das compensacións ao sector como promotora da dragaxe da Ría do Burgo

Desde a Consellería do Mar sinalan que o Goberno galego ven colaborando desde o inicio desta actuación aportando a información precisa para a realización dos cálculos das compensacións económicas aos profesionais afectados

29/05/2024 | 15:16 | C. do Mar

Alfonso Villares pide ao Goberno central que rectifique e abandone a negativa de rebaixar o IVE aos produtos do mar

O titular de Mar volve alzar a voz en apoio á cadea produtiva, pois a decisión unilateral do Executivo central prexudica notablemente ao sector marítimo-pesqueiro e ás súas industrias transformadoras

28/05/2024 | 21:08 | C. do Mar

Alfonso Villares enxalza o novo programa da universidade intercontinental da empresa que sitúa a Galicia á vangarda na formación en xestión pesqueira

O responsable autonómico destaca a importancia de manter un equilibrio entre as capacidades de pesca existentes e os recursos pesqueiros dispoñibles para garantir a conservación dos recursos e a necesaria soberanía alimentaria

28/05/2024 | 17:14 | C. do Mar

Villares pon en marcha a mesa de traballo do marisqueo na que canalizar o traballo dos técnicos autonómicos en favor da actividade produtiva

O responsable autonómico destaca a experiencia e profesionalidade do persoal da Consellería do Mar e dos centros de investigación galegos como a mellor garantía para atopar solucións ante os desafíos actuais do sector

27/05/2024 | 18:46 | C. do Mar

Alfonso Villares anuncia ás federacións de confrarías novas axudas ao sector para a rexeneración dos bancos marisqueiros

A previsión é publicar no mes de xuño tres liñas de axudas, dúas delas para apoiar a rexeneración dos bancos marisqueiros e a restauración da biodiversidade e outra liña de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro

24/05/2024 | 18:00 | C. do Mar

Alfonso Villares sitúa a innovación no ámbito mariño como peza chave para avanzar na resiliencia e sustentabilidade da acuicultura galega

O responsable autonómico enxalza como modelo a elaboración do Índice de Resiliencia Operativa do proceso de cultivo de mexillón na ría de Arousa como grupo de investigación REDE da Universidade de Vigo