Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

29/09/2023 | 14:42 | C. do Mar

A Xunta aborda co sector as vías para maximizar o aproveitamento do novo Fondo pesqueiro europeo e retos como o reparto de capturas para 2024

O titular de Mar defende aumentar os contactos cos representantes do sector marítimo-pesqueiro para manter un diálogo fluído e continuar avanzando cara a unha actividade sustentable tanto en materia socioeconómica como no ámbito medioambiental

27/09/2023 | 14:02 | C. do Mar

A Xunta lamenta que o goberno central ignore a solicitude de rebaixa do IVE dos produtos do mar

O conselleiro do Mar sinalou no Parlamento que o feito de que o Executivo estatal obvie esta demanda provoca unha progresiva diminución do consumo destes alimentos saudables e imprescindibles na dieta

26/09/2023 | 18:10 | C. do Mar

A Xunta pon en valor os produtos do mar de Galicia como base da dieta atlántica e despensa vital para garantir a soberanía alimentaria

Alfonso Villares destacou a necesidade das campañas de fomento de consumo de peixe e marisco como as postas en marcha polo Goberno autonómico
 

26/09/2023 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta destaca a aposta de Conservas Cerqueira pola innovación coa nova planta de transformación de produtos do mar no concello de Rianxo

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na inauguración do novo centro de produción operativo desde xullo que prevé dar emprego a 250 persoas e no que a Xunta colaborou con axudas por valor de case 12 M€

25/09/2023 | 17:12 | C. do Mar

Galicia traballa na construción dunha folla de ruta para mellorar a adaptación ao cambio climático dos sectores do mexillón e da ameixa

Antonio Basanta pon en valor o traballo conxunto das administracións, os científicos e os axentes do sector produtor para implantar solucións que compatibilicen a sustentabilidade ambiental e as actividades socioeconómicas

22/09/2023 | 15:05 | C. do Mar

Galicia reclama unha estratexia europea que impulse a pesca sustentable a longo prazo e na que estean en equilibrio o respecto ambiental e o futuro das frotas

O titular de Mar instou a Bruxelas a tomar as súas decisións contando cunha base científica sólida e unha rigorosa avaliación do impacto socioeconómico na actividade

O Executivo autonómico demanda o mesmo rigor nas decisións do Goberno do Estado como as relacionadas coa eólica mariña
 

22/09/2023 | 11:12 | C. do Mar

A Xunta apoia en Expomar Cabo Verde as empresas galegas do sector marítimo-pesqueiro na busca de novas oportunidades de negocio

A Consellería do Mar participa neste certame cun expositor de 36 metros cadrados que ten a disposición das empresas galegas para manter xuntanzas de negocios e facilitar así a ampliación dos seus contactos

21/09/2023 | 19:51 | C. do Mar

Galicia destina este ano máis de 18 M€ a proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro cos que dinamizar a economía das zonas costeiras

O Diario Oficial de Galicia publicará nos vindeiros días a orde coa convocatoria destas axudas para apoiar iniciativas a desenvolver entre os anos 2023 e 2025