Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

18/10/2023 | 13:01 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

A Xunta proba o uso de drons e intelixencia artificial para obter información actualizada do crecemento e evolución da presenza de semente de mexillón no litoral galego

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Vilanova de Arousa nunha demostración de uso desta solución innovadora, que está a desenvolver un consorcio de empresas liderado por Telespazio Ibérica no Polo Aeroespacial de Galicia

17/10/2023 | 14:02 | C. do Mar

A Xunta investiu 430.000 euros no acondicionamento das lonxas de Portosín e Porto do Son para mellorar as condicións de traballo dos profesionáis do sector

Alfonso Villares lembrou que a Consellería do Mar está á espera dos informes do Goberno central para avanzar na tramitación da mellora do abrigo e ampliación de atraques de Portosín, cun orzamento estimado de 2 millóns de euros

16/10/2023 | 14:40 | C. do Mar

A Xunta aposta pola formación profesional dual para garantir o relevo xeneracional nos postos de mando dos buques pesqueiros da frota galega

O conselleiro Alfonso Villares destacou que este curso Galicia gañou un novo centro público onde se imparte este ensino profesional no ámbito marítimo pesqueiro

14/10/2023 | 15:08 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o liderado do sector auxiliar da acuicultura galega, referente na súa aposta pola modernización e innovación

A empresa Crebamar estrea unha nova depuradora e unha cetárea de mariscos nas súas instalacións no concello coruñés

13/10/2023 | 15:04 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca a importancia dos avances na captación de mexilla a través de cordas colectoras para contribuír a fornecer de semente ao sector

O conselleiro puxo en valor os esforzos da Xunta de Galicia xunto co sector para conseguir reducir a dependencia da mexilla de rocha

10/10/2023 | 19:28 | C. do Mar

Alfonso Villares aborda coa Confraría do Grove as principais necesidades dos profesionais desta zona

O encontro forma parte da intensa axenda de contactos que o responsable autonómico está a manter con representantes do sector

10/10/2023 | 11:55 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca que Galicia está xa na vangarda da ciencia e a tecnoloxía mariñas do futuro

O titular de Mar puxo en valor o traballo realizado dende a Consellería para garantir a sustentabilidade da actividade pesqueira a través do mellor asesoramento científico