Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

21/11/2023 | 19:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Galicia defenderá ante o Tribunal Constitucional que ten competencias plenas para ordenar o seu litoral

A Xunta velará polos intereses das empresas e cidadáns con instalacións na liña de costa fronte a un Goberno central que obviou cuestións do informe do Consello de Estado que chocaban co seu obxectivo de eliminar todo vestixio humano do litoral

21/11/2023 | 16:00 | C. do Mar

A Xunta critica co BNG e o PSOE non apoien a demanda da cadea mar-industria para a reducción do IVE aos produtos pesqueiros

O conselleiro lamenta co novo goberno do Estado persista na súa negativa a reducir este imposto aos produtos do mar o que resulta discriminatorio respecto a outros alimentos como a pasta ou o aceite

20/11/2023 | 17:06 | C. do Mar

A Xunta e a Universidade de Vigo ratifican unha alianza en base ao coñecemento científico que contribúe a mellorar a xestión da mexilla no litoral galego

O novo convenio de colaboración entre ambas entidades permitirá seguir a executar o estudo de identificación e marcaxe selectiva de larvas de mexillón

19/11/2023 | 12:04 | C. do Mar

O CIMA presenta avances na resistencia dos berberechos fronte a enfermidade da marteiliose

O Centro de Investigacións Mariñas concluíu este ano o proxecto Resmart, posto en marcha hai dous anos e que contou con financiación da Consellería do Mar

18/11/2023 | 16:36 | C. do Mar

A Xunta e a cadea mar-industria denuncian os efectos negativos na actividade pola inseguridade xurídica xenerada polo recurso contra a Lei do Litoral Galega

O conselleiro do Mar destaca que finalmente o goberno do Estado recorreu só o 15% do articulado da norma autonómica o que demostra o rigor xurídico co que foi elaborada e tramitada

17/11/2023 | 14:24 | C. do Mar

Villares visita unha rede de integración profesional marítima e a unha empresa referente na produción de ostras en Saint Malo

O titular de Mar visitou o obradoiro da rede de integración profesional da asociación Pass´Emploi dentro dos proxectos de La Panier de la Mer no que se procesa peixe non comercializado con destino a organizacións de axuda alimentaria
 

16/11/2023 | 17:34 | C. do Mar

Galicia comeza a traballar co fin de crear unha gran fronte común das rexións europeas e do Reino Unido onde o sector marítimo-pesqueiro é estratéxico

O titular de Mar estreita a alianza con Daniel Cueff, o seu homólogo na Bretaña francesa, co que desde o mércores comparte a presidencia do grupo de traballo especializado dos 24 Estados e 150 rexións integradas na CRPM