Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

30/11/2023 | 16:44 | C. do Mar

A Xunta pecha os foros de Galicia Sabe Amar nos que profesionais da gastronomía puxeron en valor as propiedades dos produtos do mar galegos

O conselleiro enxalzou a calidade e variedade das preto de 300 especies que son comercializadas polas máis de 60 lonxas de toda Galicia e sinalou a importancia de incentivar o seu consumo dentro dunha dieta equilibrada e saudable

30/11/2023 | 11:32 | C. do Mar

Alfonso Villares defende que a rebaixa do IVE aos produtos da pesca incentivaría o seu consumo e xeraría efectos beneficiosos no conxunto da economía

Un recente estudo das universidades de Santiago e A Coruña certifica que se se reduce á metade este imposto poderíanse chegar a crear preto de 5.600 novos empregos e  xeraríase un valor engadido bruto de 28,5 millóns de euros

29/11/2023 | 14:08 | C. do Mar

A Xunta presenta os avances para a xestión sostible da mexilla no litoral galego acadados da man da ciencia

A iniciativa Apromex abrangue do análise da poboación de cría do mexillón nas rochas á posta en marcha de novos sistemas para avaliar a captación no medio natural e tamén a súa produción complementaria a través de criadeiros

28/11/2023 | 18:46 | C. do Mar

A Xunta pon en valor o papel do porto de Ferrol na estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 e como faro verde do sistema portuario español

Alfonso Villares enxalzou o traballo que se ven realizando nos últimos anos no porto ferrolán para xerar na dársena un ecosistema entorno ás enerxías renovables e a transformación sustentable

28/11/2023 | 16:08 | C. do Mar

Redemar desenvolveu no seu primeiro ano 9 proxectos que contaron coa participación das universidades galegas, o CIMA e as confrarías de pescadores

A rede de colaboración entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia é unha ferramenta pioneira na comunidade, onde poñen en común experiencias e coñecemento para achegar solucións aos problemas do sector

28/11/2023 | 14:30 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta destaca no marco de Sedexpo a importancia da colaboración e a prevención en materia de seguridade, defensa e emerxencias

José González chamou a reforzar a cooperación institucional na loita contra os incendios forestais, lembrando o convenio de protección das aldeas e o compromiso de dúas das deputacións provinciais -Ourense e Pontevedra- neste eido