Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

12/01/2024 | 14:58 | C. do Mar

A Xunta e a industria transformadora de produtos do mar reforzarán a súa colaboración en 2024 para impulsar a competitividade do sector

O acordo anual inclúe diferentes actuacións de promoción e difusión da industria galega da transformación e das conservas de peixes e mariscos coa finalidade de favorecer a actividade das empresas galegas e o seu desenvolvemento

10/01/2024 | 20:12 | C. do Mar

A Xunta centra a petición de medios ao Estado nas embarcacións e aeronaves das que dispón en Galicia para atallar a chegada de pellets no mar

Tamén se reclama a utilización do vehículo submarino de control remoto ROV Comanche para buscar e selar os contedores que son a fonte da contaminación

10/01/2024 | 19:53 | C. do Mar

Alfonso Villares exixe ao Goberno central que non poña máis escusas e que actúe antes de que os pellets sigan chegando á costa

O titular de Mar destaca que se continúa reforzando os operativos despregados pola administración autonómica que, proximamente alcanzarán as 300 persoas, que hoxe reforzarán os traballos de recollida e limpeza en máis de 30 concellos afectados

10/01/2024 | 16:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta urxe ao Goberno central a actuar xa no mar no marco das súas competencias exclusivas e tras máis dun mes de inacción ante o vertido de pellets en Portugal

Ángeles Vázquez subliña a importancia de interceptar os sacos antes da súa chegada ás praias porque unha vez que se abren, a recollida das partículas “é moi complicada”

09/01/2024 | 20:19 | C. do Mar

A Xunta censura que o Estado non atallase a chegada dos pellets a Galicia pese a coñecer o suceso en Portugal desde o 8 de decembro

Alfonso Villares comparte o enfado do sector polo alarmismo xerado e pola inxusta e negativa imaxe que se acaba proxectando sobre a actividade destes profesionais
 

08/01/2024 | 17:42 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o traballo desenvolvido polo operativo despregado pola Xunta na vixilancia e detección da presenza de pellets na costa galega

O conselleiro do Mar informou que xa foron despregados ao redor de 200 efectivos por toda a costa e que serán reforzados nos vindeiros días para dar soporte aos concellos afectados

07/01/2024 | 17:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta reúne os gardacostas, técnicos ambientais e persoal do Intecmar para facer seguimento da limpeza das praias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitoulle á vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno central, Teresa Ribera, información actualizada e precisa da vertedura

06/01/2024 | 20:55 | C. do Mar

A Xunta acusa ao Goberno central de ocultar información e de inacción por non activar o Plan nacional de emerxencias por contaminación mariña

O titular de Mar explicou que a administración autonómica non recibiu información oficial do suceso ata o 3 de xaneiro, mentres co goberno do Estado xa recibira información o pasado 20 de decembro