Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

16/02/2024 | 15:34 | C. do Mar

Alfonso Villares vincula directamente o aumento do consumo de peixes, mariscos e conservas á mellora do porvir da cadea mar-industria e da economía galega

O titular de Mar insta aos fogares e establecementos hostaleiros a AMAR GALICIA apostando por estes alimentos para que o sector de o salto dos seus 50.000 profesionais a involucrar ao conxunto dos 2,7 millóns habitantes da comunidade

16/02/2024 | 14:31 | C. do Mar

A Xunta enxalza o traballo das empresas que impulsan cos seus produtos á cadea mar-industria desde as zonas do interior de Galicia

O director xeral de Pesca visitou no Conservas Mareterra no concello de Esgos, en Ourense, onde destacou a calidade da súa produción, e achegouse tamén a Frigoríficos Arcos no Carballiño, unha referencia no mundo do polbo

15/02/2024 | 14:47 | C. do Mar

A Consellería do Mar traslada aos docentes das escolas náuticas a suba en complementos salariais por formación, funcións de goberno ou titorías

A Xunta autoriza aplicar aos 82 profesores numerarios e mestres de taller o pacto acadado entre os representantes da Consellería de Educación e as organizacións sindicais que ratificaron estas co presidente autonómico

15/02/2024 | 14:43 | C. do Mar

A Xunta e as industrias de produtos do mar conxelados investirán no impulso á competitividade do sector 1,2 M€ entre este ano e o próximo

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e Conxemar para a mellora da comercialización destes elaborados da pesca, marisqueo e acuicultura ao longo de 2024 e 2025
 

14/02/2024 | 16:43 | C. do Mar

A Xunta e a Comisión Mar-Industria da CEG apostan por un marco regulatorio e financeiro que impulse a actividade transformadora e a comercialización

O conselleiro e a patronal coinciden na necesidade de articular ferramentas financeiras que permitan apoiar ao conxunto do sector e avogan polas vantaxes que ofrece a lei do litoral autonómica para aportar seguridade xurídica

14/02/2024 | 14:05 | C. do Mar

Alfonso Villares avalía coas confrarías os avances na execución das medidas recollidas no Plan de Acción para este semestre

O titular de Mar puxo en valor que entre as actuacións acordadas están as axudas extraordinarias ao marisqueo, as dirixidas aos pósitos e as axudas pola parada temporal que suman un desembolso de 15 millóns de euros

13/02/2024 | 14:34 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o papel das redeiras no sector pesqueiro e aborda as súas necesidades coas profesionais da zona

O titular de Mar trasladou o compromiso da Xunta de seguir traballando na formación, información e mellora das condicións de traballo destas profesionais que permita continuar avanzando na remuda xeracional
 

12/02/2024 | 17:03 | C. do Mar

Galicia demanda eliminar as TAC en especies accesorias e que se completen os análisis existentes para coñecer o estado real dos recursos pesqueiros

A proposta galega afecta ao abadexo, o linguado, o merlán, a maruca, e a solla nos caladoiros do Gran Sol, Cantábrico, Noroeste, Francia e Escocia, pola falta de información científica que avale a necesidade de limitar o esforzo pesqueiro