Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

22/02/2024 | 16:37 | C. do Mar

Vidro, cerámica, algas, madeira e plásticos encabezan o lixo que retiraron os profesionais do mar en Galicia

Os 36 proxectos desenvolvidos nos últimos catro anos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños permitiron extraer do litoral e da costa preto de 425 toneladas de residuos

21/02/2024 | 15:55 | C. do Mar

A Xunta leva meses traballando nas vías de axudas para o marisqueo dotadas con 15 M€ e nas que o Fempa xa lle abriu a porta aos profesionáis a pé

O director xeral de Pesca mostra sorpresa polo descoñecemento que amosou o BNG na Eurocámara sobre o marco de apoio comunitario que leva publicado un ano e medio e recorda que o grupo dos Verdes onde se integran pretendía negar este apoio ao sector durante o marco excepcional pola pandemia

20/02/2024 | 15:44 | C. do Mar

A Xunta mobiliza preto de 5 M€ para desenvolver 70 proxectos dos GALP que dinamizan as zonas costeiras do conxunto de Galicia

O DOG publicou a resolución onde se detallan os concellos, asociacións, confrarías, empresas e emprendedores que recibiron respaldo na convocatoria para 2023, e ata o próximo día 29 de febreiro está aberta a presentación de iniciativas da de 2024

19/02/2024 | 16:35 | C. do Mar

Once confrarías e unha asociación de armadores reciben preto de 650.000 € para acometer melloras en infraestruturas e equipamentos de lonxas e portos

O DOG recolle 17 proxectos que acadaron as axudas e permiten avanzar na seguridade e condicións de traballo dos profesionais do mar, na eficiencia enerxética e protección ambiental, así como na conservación do peixe e marisco e a súa trazabilidade