Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

10/04/2024 | 19:07 | C. do Mar

A Xunta apoia as demandas do sector e reclama ao Goberno central que asuma os seus compromisos como promotora da dragaxe da ría do Burgo

Desde a Consellería do Mar sinalan que o Goberno galego ven colaborando desde o inicio desta actuación aportando a información precisa para a realización dos cálculos das compensacións económicas aos profesionais afectados

09/04/2024 | 19:08 | C. do Mar

Alfonso Villares cre que o aumento do consumo dos alimentos do mar e do agro galegos é o mellor premio que a sociedade pode outorgar aos seus produtores

O titular de Mar destacou o éxito do Galicia Fórum Gastronómico como a feira culinaria máis destacada do noroeste peninsular e o principal escaparate da rica e diversa despensa que pode ofrecer o arco atlántico europeo

08/04/2024 | 18:45 | C. do Mar

A Xunta de Galicia investirá preto de 800.000 euros en melloras no porto de Cariño ao longo deste ano

Alfonso Villares achegouse á dársena cuxa dragaxe vén de saír a licitación por 677.000 euros e permitirá a extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area na contorna da rampla de varada e na dos peiraos comerciais interiores

07/04/2024 | 15:17 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca a importante relación de Cabo Verde e Galicia en materia pesqueira e o peso social e económico da comunidade deste país na Mariña

Resalta a relevancia tanto da presencia da frota e as industrias galegas no arquipélago africano como da colonia caboverdiana nos barcos con porto base en Burela

05/04/2024 | 14:49 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama ante a frota do cerco a revisión á alza das cotas pesqueiras establecidas en augas comunitarias para este ano

O titular de Mar sostén esta demanda no contido do ditame emitido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que avala a decisión adoptada polos 27 na que se fixaban os TAC no ano 2020