Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

07/05/2024 | 15:26 | C. do Mar

Villares aborda coas federacións de confrarías o deseño de novas medidas de avance no marco do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo

A segunda xuntanza dentro dunha intensa axenda de contactos previstos ao longo de todo mes de maio que servirán para afondar no modelo de cogobernanza do sector co obxectivo de configurar as futuras actuacións en apoio da actividade marisqueira 

06/05/2024 | 14:22 | C. do Mar

A Xunta reforza a súa aposta por Navalia a través do sector naval galego con encontros coas delegacións internacionais e visitas a empresas de Vigo

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, mantivo este luns unha reunión co director executivo da feira viguesa que se celebrará do 21 ao 23 de maio

05/05/2024 | 10:02 | C. do Mar

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar o sistema de control na produción de moluscos bivalvos en Nova Zelandia

Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo en diferentes países, atendendo á invitación da Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria europea

04/05/2024 | 20:21 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda reúnese co responsable de pesca da Arxentina e con empresas pesqueiras galegas para visibilizar e afianzar a importancia do sector no país

Traslada a tranquilidade que lle transmitiu López Cazorla ao aseguroulle que as incertezas que había a principios de ano “non se van producir finalmente e que, polo tanto, esa estabilidade que demandan as empresas galegas vaise manter”

03/05/2024 | 15:25 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

A Xunta participa no simulacro organizado pola Armada no porto da Coruña

A actividade consistiu na neutralización dun incidente terrorista a bordo dun buque de pasaxe simulado polo cruceiro ‘Costa Diadema’, que foi secuestrado por persoas armadas con explosivos e armas convencionais

03/05/2024 | 10:07 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda visita o Centro Galego de Comodoro Rivadavia na súa viaxe por Arxentina

Salienta que a entidade conte cun museo sobre a emigración, fundamental para entender a historia de Galicia