Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 715 novas da C. do Mar:

02/07/2024 | 19:00 | C. do Mar

Alfonso Villares acode a Luxemburgo para trasladar o apoio do Goberno galego ao recurso da OPP de Burela contra o veto da comisión europea á pesca de fondo

A Xunta comparece no procedemento en calidade de coadxuvante polo impacto negativo desta decisión que afecta directamente a 200 embarcacións e indirectamente a outras 946 de artes menores

02/07/2024 | 18:44 | C. do Mar

A Xunta publicará nas vindeiras semanas novas liñas de axuda de apoio ao sector marisqueiro galego para garantir a súa sustentabilidade

Villaverde adianta que proximamente se proxecta publicar a concesión directa de axudas extraordinarias, por valor de 420.000 euros, ás entidades asociativas ante os graves acaecementos ambientais co fin de garantir a súa viabilidade

02/07/2024 | 18:24 | C. do Mar

Alfonso Villares participa na liberación de tres tartarugas mariñas e pon en valor a conservación das especies mariñas e a diversidade dos oceános

O responsable autonómico destaca que o Goberno galego seguirá apostando por este tipo de iniciativas que contribúen a protexer os ecosistemas mariños

01/07/2024 | 18:09 | C. do Mar

Villares anuncia ás confrarías que a Xunta xa ten en marcha a convocatoria de axudas de 1,75 M€ para a restauración da biodividersidade e dos ecosistemas mariños

Desta cantidade, o 57% corresponde á aportación da anualidade de 2024 e o 42,8% restante á de 2025. Como novidade serán subvencionables os traballos de restauración realizados directamente polos mariscadores

27/06/2024 | 17:40 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca a contribución das hatchery á sustentabilidade e competitividade do sector marisqueiro fronte os desafíos do cambio climático

O responsable autonómico resaltou das instalacións que permiten o aproveitamento dos recursos, emprega enerxías limpas e utiliza un sistema de produción amable co medio, o que o fai compatible cos ecosistemas mariños e terrestres da zona

27/06/2024 | 13:31 | C. do Mar

Villares avoga por unha descarbonización da frota asumible para o sector e baixo os criterios de competitividade e de respecto ao medio ambiente

A Consellería está a colaborar coa UDC, a Fundación Marlnnleg, o Clúster Naval galego e a Bretaña francesa nunha programación de futuro e cuxas propostas serán enviadas a Bruxelas para garantir unha descarbonización gradual, equilibrada e viable

26/06/2024 | 17:19 | C. do Mar

A Xunta ratifica o seu compromiso coa Fundación Traslatio e o Festival Iacobus Maris Experience para traer a Vigo os grandes veleiros

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, presentou o evento que se celebrará na dársena da Laxe do 24 ao 28 de xullo