Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

08/06/2023 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos de substitución dunha obra de paso para aumentar a capacidade de drenaxe na estrada LU-636 en Sarria

As tarefas precisan dun corte da calzada, polo que se habilitou un desvío entre os puntos quilométricos 3+630 e 3+990

08/06/2023 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto construtivo do eixe de mobilidade sostible entre Mollabao e Os Praceres, en Pontevedra, que prevé un investimento de case 6,7 M€

Esta actuación central na estrada PO-546 consiste na execución dun itinerario de 3,5 km de lonxitude, co obxectivo de transformar a estrada nunha rúa e mellorar a súa funcionalidade, facilitando o tránsito de peóns, ciclistas e transporte público

07/06/2023 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 13 ofertas para executar o primeiro treito da prolongación da autovía AG-59 entre Santiago e A Estrada, que suporá un investimento de máis de 33 M€

Das 13 ofertas presentadas para executar estas obras 10 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 23 empresas

07/06/2023 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o convenio para asumir a titularidade da AC-12 e facilitar os accesos ao novo hospital público da Coruña

Trátase do tramo da AC-12, entre os puntos quilométricos 1+600, na intersección da avenida de Oza coa vía de servizo, e o 4+160, pasado o enlace na Ponte Pasaxe

07/06/2023 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 11 ofertas para executar a senda peonil na contorna do enlace da autovía do Salnés coa PO-504 entre O Vinquiño e Contumil, no concello de Sanxenxo

Trátase de habilitar un itinerario de 380 metros para unir ambas as marxes da autovía e resolver a barreira que supón para a mobilidade a alta densidade de tráfico que rexistra a zona

06/06/2023 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pídelle ao goberno que tome conciencia da grave situación da A-6 un ano despois do colapso e acceda á reconstrución simultánea de ambos os viadutos

A Xunta solicitoulle novamente hoxe por carta ao Ministerio de Transportes que rectifique e acometa pola vía de emerxencia a reconstrución conxunta dos 2 viadutos

06/06/2023 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza os traballos de desmontaxe dos peitorís da ponte de Ponte Arnelas para avanzar cara a súa reconstrución

Tras a desmontaxe do entarimado, a retirada dos primeiros peitorís está a levarse a cabo entre o arco e as pilas máis próximas ao río, cun control topográfico intensivo

06/06/2023 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para xuño e xullo ós propietarios dos terreos necesarios para executar o tramo do eixe de mobilidade sostible da cidade de Ourense desde Os Remedios ata Expourense

O levantamento de actas previas terá lugar o vindeiro día 13 de xuño e a formalización das actas de ocupación será o 31 de xullo no Centro Cívico da Ponte

05/06/2023 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta expón o modelo de xestión da auga en Galicia aos responsables da administración dos recursos hídricos no sur de Mozambique

O Goberno galego amosaralle estes días á delegación mozambiqueña as claves da xestión pública da auga en Galicia, visitando varias infraestruturas hidráulicas e traballando co persoal técnico de Augas de Galicia en actuacións teóricas e prácticas

05/06/2023 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras da nova senda entre A Ponte e Santa Cataliña, en Santa Comba, cun investimento de 177.000 €

Executouse un novo itinerario peonil de 450 metros de lonxitude pola marxe dereita da estrada autonómica AC-404, que une as zonas de beirarrúas previamente existentes conformando un percorrido continuo que conecta os principais equipamentos