Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

12/06/2023 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Clúster da Función Loxística de Galicia colaboran para impulsar o Corredor Atlántico Noroeste e contribuír a que Galicia sexa un polo de transporte de mercadorías de referencia global

O Goberno galego financiará con 140.000€ as actuacións que desenvolva o Clúster para o fomento do Corredor Atlántico ata 2025, coincidindo cun período esencial dentro dos prazos da UE para o desenvolvemento da súa rede prioritaria de transporte

12/06/2023 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación do proxecto de trazado dos accesos ao novo hospital público da Coruña

Trátase do anel de circulación ao redor do Novo CHUAC e da configuración das entradas ao complexo, que garantirá tamén o tránsito durante as obras

11/06/2023 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas nas provincias da Coruña e de Pontevedra

Na provincia da Coruña, as novas tarefas desenvolveranse na estrada AC-550 ao seu paso polos concellos de Cee, Muros e Noia

10/06/2023 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras dunha nova senda peonil na estrada autonómica PO-548 en Catoira

A actuación, cun investimento de case 48.300 €, iniciarase nas vindeiras semanas

10/06/2023 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, recibe a Medalla de Ouro da Estrada ao Mérito Persoal 2023

Menéndez remarca a utilidade do traballo da mesa de Directores Xerais como foro de debate e colaboración entre Comunidades Autónomas e Deputacións Forais

10/06/2023 | 10:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A renovación do firme no enlace de Santiago sur da autovía AG-56 fará necesarios cortes de tráfico en distintos ramais a partir do luns

Os traballos acometeranse neste enlace ao longo de dúas semanas, en horario comprendido entre as 08,30 e as 20,30 horas

09/06/2023 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A nova convocatoria de axudas da Xunta para mercar bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido rexistra en 8 días 500 solicitudes por importe de 250.000 € e 130 comercios adheridos

Ignacio Maestro explica que os interesados poderán solicitar ata o 15 de novembro de 2024 estas axudas que bonifican ata o 50% do valor da bicicleta, ata 500 € con carácter xeral

09/06/2023 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras dunha senda peonil na estrada AC-240 en Touro, que amplía e dá continuidade ao itinerario entre Burres e Ponte Ulla

A actuación adxudicouse por preto de 50.000 euros e comezará a executarse nas vindeiras semanas
 

09/06/2023 | 11:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martina Aneiros anima a solicitar as axudas da Xunta para a adquisición de bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido para cadeiras de rodas

Os incentivos poden oscilar entre os 500 e os 700 euros en función da situación dos beneficiarios e do equipamento adquirido

08/06/2023 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 2 M€ as obras de mellora de 51 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade de Lugo

Acondicionaranse as paradas de autobús situadas en 15 estradas autonómicas ao paso por 10 concellos da provincia