Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

13/07/2023 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de renovación da estación de bombeo de auga para a mellora do abastecemento do concello de Oímbra

Augas de Galicia vén de entregarlle ao Concello estas infraestruturas hidráulicas, que supuxeron un investimento autonómico de 48.000 €

12/07/2023 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora da seguridade peonil na estrada autonómica LU-617 na contorna do cemiterio de Monforte de Lemos

Actuouse nun treito recto, con beirarrúas no seu inicio e no seu final, co obxectivo de mellorar a seguridade da estrada mediante a separación física do tráfico de vehículos e de peóns, dándolle continuidade ao itinerario peonil existente

12/07/2023 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada AC-400 en Sigrás, no concello de Cambre

A actuación forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe en 3 estradas autonómicas da área da Coruña, cun investimento de máis de 2,6 millóns de euros

12/07/2023 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 13 ofertas para executar as obras do novo colector xeral de Burela, que suporán un investimento de 4,7 M€

Algunhas das ofertas presentadas para acometer estas obras de mellora do sistema de saneamento municipal están conformadas por UTE, sumando un total de 18 empresas

12/07/2023 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta implantará desde o luns unha nova liña para facilitar os desprazamentos do persoal sanitario desde Lalín e Silleda cara aos hospitais de Santiago

O servizo dá resposta ás peticións trasladadas polos usuarios e polos Concellos de Lalín e de Silleda, reforzando ao tempo as conexións entre ambos os dous municipios con Santiago de Compostela

11/07/2023 | 16:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta rematará a finais de verán o proxecto para reducir o risco de inundacións no río Maior, en Sada, que eleva o investimento necesario das obras a máis de 6 M€

A directora de Augas de Galicia insta á entidade local a buscar implicación da Deputación Provincial da Coruña no cofinanciamento, toda vez que o convenio asinado entre a Xunta e o Concello prevé unha colaboración nun investimento de 1,5 M€

11/07/2023 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora da seguridade peonil na AC-116 ao seu paso polo concello de Narón coa execución dunha cuneta transitable no núcleo do Val

Esta intervención supuxo un investimento de case 50.000 € e reforza as cunetas de seguridade, que poden ser empregadas para o tránsito de peóns fóra da calzada

11/07/2023 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O proxecto de Innovaugas permitiu reducir ata o 30% o consumo enerxético das depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar e evitar a emisión á atmosfera o CO2 equivalente ao de 2.200 vehículos diésel

Vázquez Mourelle sinala que este proxecto pioneiro, aliñado coa estratexia galega de economía circular, se dirixe a acadar depuradoras de augas residuais intelixentes

11/07/2023 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1 M€ a execución das obras das novas sendas nas estradas PO-302 e PO-306 en Caleiro, no concello de Vilanova de Arousa

Habilitarase unha senda de 1.100 metros na estrada PO-302 e un itinerario de 270 metros ao longo da PO-306

10/07/2023 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza a execución das obras da 1ª fase de mellora integral da travesía de Teixeiro, en Curtis, que suporán un investimento de máis de 1,3 M€

A actuación na estrada AC-231, que conecta coa N-VI e vai a Sobrado, ten un prazo de execución de 12 meses