Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

27/06/2024 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo supervisa o inicio das obras de mellora da seguridade viaria peonil na estrada autonómica AC-445, ao seu paso pola recta da Anchoa, no concello de Fisterra

Trátase da implantación de tres pasos de peóns nesta vía autonómica, nos puntos quilométricos 11+380, 11+870 e 12+490

26/06/2024 | 16:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A delegada da Xunta en Vigo destaca a mellora da seguridade na estrada PO-330, entre Pereiró e Valadares, cun investimento de 1,8 millóns

Ana Ortiz fixo unha visita aos traballos que rematarán este venres no barrio vigués tras realizar diferentes actuacións en sete quilómetros

26/06/2024 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo anuncia a licitación das obras dunha nova cuberta exterior, dun almacén e gradas no CEIP Ortigueira que contarán cun investimento de máis de 432.000€

A delegada da Xunta destacou que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun centro con novos espazos e servizos e máis accesible

26/06/2024 | 14:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta tramita o proxecto da humanización da praza Isaac Díaz Pardo, en Oroso

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo unha reunión co alcalde de Oroso, Álex Doval

25/06/2024 | 18:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
25/06/2024 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas avanza cambios lexislativos para dar máis axilidade e seguridade xurídica ao ordenamento territorial

Anuncia que o Goberno galego acometerá os axustes precisos na Lei do Solo, na Lei de Ordenación do Territorio, na Lei de Vivenda, na Lei de Rehabilitación e nas Normas de Habitabilidade para axilizar os prazos nos procedementos de desenvolvemento de solo e execución ou rehabilitación de vivendas, garantindo a seguridade xurídica

25/06/2024 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta ten aberto ata o 2 de xullo o prazo de solicitude das axudas a comunidades de veciños para a rehabilitación de edificios de vivendas protexidas

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da convocatoria durante a visita a un inmoble rehabilitado con cargo a esta liña de axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas dotada dun orzamento dun millón de euros

24/06/2024 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas para a construción de vivendas de alugueiro accesible, dotadas cun investimento de máis de 14,7 M€

Ábrese a primeira convocatoria dunha nova modalidade de promoción de vivendas protexidas de nova construción ou procedentes de rehabilitación con fondos propios da Xunta e un investimento autonómico de 7,2M€ 

24/06/2024 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras de mellora do firme en 3 estradas ao seu paso por 7 concellos da comarca de Ferrolterra

Intervirase nas estradas AC-110, AC-564 e AC-566 nos concellos de Cerdido, Moeche, As Somozas, A Capela, As Pontes, Valdoviño e Cedeira