Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

03/01/2024 | 16:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/01/2024 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 5,7 M€ o servizo para a creación dunha rede de control en tempo real dos sistemas de abastecemento de auga en concellos de menos de 20.000 habitantes

Trátase de desenvolver, implantar e poñer en marcha unha rede de estacións dixitais de monitorización de sistemas de abastecemento de auga potable en alta neses municipios

30/12/2023 | 10:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/12/2023 | 15:52 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/12/2023 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o convenio para manter conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas autonómicas e seguir aplicando as bonificacións vixentes

Os Orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,5 M€ para conxelar as tarifas e manter os descontos o próximo ano nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor

29/12/2023 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lembra que o 80% da autovía A-6 continúa pechada ao tráfico en Pedrafita e demanda a máxima dilixencia para completar a súa reconstrución

O Goberno galego advirte de que unha Autovía do Noroeste incompleta é un risco para a seguridade viaria e a viabilidade industrial, ademais dun lastre para o transporte e para a competitividade turística

28/12/2023 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta manterá o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol a partir do vindeiro 1 de xaneiro

O Consello da Xunta xa adoptou a semana pasada a decisión de prorrogar as bonificacións no transporte público autonómico

28/12/2023 | 11:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Tomiño da estrada autonómica PO-195 ao seu paso por Forcadela

Transfírese un treito de algo máis de 1,5 quilómetros desta vía autonómica co seu dominio público viario, incluíndo a obra de paso sobre o río do Hospital da Briña, agás os nós de conexión coa PO-552 no seu inicio e final

27/12/2023 | 15:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as consultas ambientais do proxecto de conversión en autovía da vía de altas prestacións que comunica Brión e Noia

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete o proxecto da 1ª fase do desdobramento a participación durante un mes, no marco do proceso de avaliación ambiental simplificada

27/12/2023 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 865.000 euros as obras da senda cara ao Hospital Clínico Universitario de Santiago desde o novo itinerario do Milladoiro á intermodal

Trátase do itinerario de 1.130 metros no eixe Conxo-Hospital Clínico, entre o antigo túnel de Adif e o barrio de Santa Marta, unindo numerosos puntos de interese