Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

09/01/2024 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Salvaterra de Miño colaboran achegando 2 M€ para mellorar o saneamento e construír unha nova depuradora no río Mendo

As intervencións previstas permitirán completar o saneamento integral das parroquias de Leirado, Fiolledo, Soutolobre, Corzáns, Oleiros e Meder, na bacía do río Mendo

09/01/2024 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/01/2024 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para febreiro e marzo os propietarios dos terreos necesarios para completar a mellora integral da PO-235 no concello da Lama

Os actos para o levantamento de actas previas terán lugar os días 6, 7, 8, 13, 14 e 15 de febreiro e a formalización das actas de ocupación os días 19, 20 e 21 de marzo na Casa do Concello
 

08/01/2024 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Cerdedo-Cotobade colaboran achegando máis de 377.000 euros para completar o saneamento na parroquia de Tenorio

O acordo establece as bases da cooperación técnica e financeira para dotar deste servizo municipal os núcleos de Covas, A Torre Vella e O Río Tenorio

08/01/2024 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a transferencia a prol do concello de Covelo dun treito da estrada PO-261 integrado no tecido urbano do municipio

Transfírese á entidade local o dominio público, agás calzada e beiravías, do treito de 580 metros desta estrada situado entre os quilómetros 11+870 e 12+450, con múltiples accesos a rueiros municipais e con marxes acoutadas polas edificacións

08/01/2024 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello do Carballiño de distintos treitos de tres estradas autonómicas

Transfírense á entidade local a vía OU-172 de 780 metros de lonxitude, que discorre entre a N-541 e o quilómetro 27+670 da OU-902; e os treitos antigos da OU-902, denominados OU-171 e OU-173, na Esgueva e na Veiga, respectivamente
 

07/01/2024 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras da nova senda na avenida das Caldas en Ourense fará necesarios axustes no tráfico desde a vindeira semana

Os traballos comezaron o 11 de decembro na rúa Ribeiriño e continuarán esta semana na propia avenida das Caldas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan

06/01/2024 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilitará desde o luns paradas en dúas liñas de autobús ao paso por Tarás e San Lourenzo, en Outes, co fin de mellorar os servizos de transporte público na contorna

A liña A Picota-Pino do Val-Viladomonte-Noia contará con paradas en Barreira e Tarás e a liña Pino do Val-Noia terá paso por Famelga e San Lourenzo

05/01/2024 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/01/2024 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda á empresa pública Seaga da reforestación das marxes da autovía do Morrazo, que suporá un investimento de máis de 1,5 M€

Os traballos, que comezarán na próxima primavera, inclúen a plantación nas marxes da autovía de 25.000 árbores autóctonas, como o castiñeiro, o carballo, o freixo, o bidueiro ou o sabugueiro