Actualidade
Buscador de novas
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Té, en Rianxo
Os treitos obxecto das intervencións acadan unha lonxitude total de 282 metros
A Xunta licita por máis de 1,5 M€ as obras da primeira fase da extensión do saneamento municipal a toda a parroquia de Ribadetea, en Ponteareas
Trátase de executar unha rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido e a conexión coa rede de Ribadetea, que conduce as súas augas residuais ata a estación de bombeo para dirixilas á depuradora da Moscadeira
A Xunta ponse á disposición dos transportistas, agricultores e gandeiros galegos e reclama a intervención do goberno de España en defensa dos seus intereses
Ethel Vázquez amosou a crecente preocupación do Executivo galego diante das elevadas perdas, de millóns de euros, que trasladan os transportistas, e afeou a inacción do Ministerio de Transportes nesta crise, malia os chamados da Xunta
A Xunta e a asociación de traídas veciñais asinan o convenio para o fomento da transformación dixital das comunidades de usuarios e a formación dos seus membros
Augas de Galicia financiará esta iniciativa achegando máis de 23.300 €
A Xunta recibe 6 ofertas para executar as obras de renovación extraordinaria do firme da autovía Dozón-Ourense, entre o enlace de Cea e a A-52
Esta actuación na AG-53 conta cun orzamento de máis de 5,2 M€
A Xunta adxudica a redacción do proxecto para executar unha glorieta na intersección da estrada AC-862 coa AC-115 en Xuvia, no concello de Neda
O contrato de redacción ten un orzamento de máis de 18.000 €
A Xunta remata a execución da nova senda peonil na estrada LU-617 en Toiriz, no concello de Pantón
Habilitouse un itinerario de 530 metros a ambos os lados da estrada, cun ancho mínimo de 1,8 metros, salvo nalgunha zona puntual con vivendas, garantindo a accesibilidade
A Xunta licita por máis de 1,1 M€ as obras para dotar de abastecemento os núcleos de Nantón e Anos, no concello de Cabana de Bergantiños
Trátase de levar este servizo municipal a estes dous núcleos e asegurar o subministro de auga ao municipio e ao futuro parque industrial da Costa da Morte, co obxectivo de garantir o mesmo a unha poboación total futura de preto de 2.000 persoas
A Xunta recibe 12 ofertas para desenvolver catro novos contratos para a dixitalización da rede de estradas autonómicas
O obxectivo destes contratos, divididos en 4 lotes diferentes e cun orzamento global de 2,47 M€, é avanzar nas actuacións en marcha da Estratexia de dixitalización e innovación en materia de estradas de Galicia
A Xunta somete a información pública o proxecto de execución dunha glorieta na estrada LU-903 en Doade, no concello de Sober
O Diario Oficial de Galicia recolle o sometemento a información pública do proxecto de trazado para a execución dunha glorieta de 28 metros de diámetro á altura do quilómetro 12+780 da estrada LU-903, na intersección entre a vía autonómica e a provincial