Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

26/02/2024 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima as obras da 1ª fase da humanización da avenida de Galicia de Vigo, que supuxeron un investimento de 2,5 M€, e se completarán en maio cun novo aparcadoiro

A actuación permitiu a reforma dun treito de 500 da vía, entre o cruce coa avenida da Mariña Española e o IES de Teis, coa ampliaron das beirarrúas ata os 2 metros, medidas de calmado de tráfico, renovación do firme, novas marquesiñas, creación de zonas verdes e dotación de alumeado

25/02/2024 | 17:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-615 ao seu paso polo concello do Saviñao

Continuarán as tarefas en marcha na provincia de Lugo na vía de altas prestacións CG-2.3, en Viveiro e en Xove

25/02/2024 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Antes, no concello de Mazaricos

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron a achega nunha inspección rutineira

24/02/2024 | 16:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido nunha instalación do concello de Santiso

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o vertido nunha inspección rutineira de seguimento

24/02/2024 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos do río Mero, no concello de Cambre

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de case 7 quilómetros

23/02/2024 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada a súa disposición a colaborar técnica e financeiramente co concello de Ares para solucionar as deficiencias detectadas no colector de saneamento

A Xunta, a través de Augas de Galicia, comprométese a financiar nun 80% as obras que sexa necesario acometer nesta infraestrutura municipal

23/02/2024 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras que melloran o acceso da Vía Ártabra ao porto de Lorbé, en Oleiros, cun investimento de máis de 270.000 €

Trátase da nova mellora do acceso ao recinto portuario desde a intersección da Vía Ártabra coa estrada provincial CP-5802 ata a entrada do mesmo

22/02/2024 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de reparación da ponte de Xunqueira de Espadanedo na estrada OU-536 farán necesario o corte de tráfico a partir de mañá

Para facilitar a mobilidade dos usuarios desta estrada habilitarase un desvío polas vías OU-0106 e OU-0153 que suporá arredor de 5 minutos de traxecto

21/02/2024 | 14:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para a restitución da vía LU-651 en Folgoso do Courel, que suporá un investimento de 5,2 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio deste trámite, polo que os interesados poden presentar alegacións ata o vindeiro 5 de abril

21/02/2024 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iza as estruturas da ponte de Ponte Arnelas co obxectivo de abrila ao tráfico en abril cun investimento de 5,3 M€

A solución consistiu en reforzar a cimentación da ponte, con pilas en ambas as marxes do río, e unha nova estrutura metálica que muda a fisionomía