Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

29/05/2024 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na intersección da estrada autonómica PO-255 en Covelo

A actuación conta cun investimento de preto de 220.000 € e permitirá darlle máis visibilidade aos vehículos nos xiros á esquerda

28/05/2024 | 18:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/05/2024 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta someterá a unha nova avaliación de impacto ambiental o proxecto da rolda leste de Lugo na busca do maior consenso sobre o trazado

O Goberno galego á vista do proceso de información pública e tendo en conta as alegacións recibidas e informes recadados decide someter novamente o proxecto de Rolda Leste á consulta pública e á declaración de impacto ambiental

27/05/2024 | 18:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicita ao Concello de Lugo colaboración para os proxectos de creación de vivenda pública no municipio

A permuta de parcelas ou a rehabilitación da Tinería centraron unha reunión mantida hoxe entre representantes e técnicos de ambas Administracións

25/05/2024 | 12:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/05/2024 | 16:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta esixe que a Lei de Vivenda garanta a seguridade xurídica dos propietarios

A conselleira subliña que Galicia conta xa cun decreto que regula o uso das Vivendas de Uso Turístico

23/05/2024 | 17:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo reúnese con Luis Oujo e destaca os investimentos por case 1 M€ realizados pola Xunta neste concello no 2023

A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, máis de 435.000 euros, na substitución da cuberta e nunha pasarela de acceso ao polideportivo no IES de Porto do Son 

23/05/2024 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe once ofertas para as obras da mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso por Monterroso, Taboada e Palas de Rei

A actuación prevé intervencións ao longo dos arredor de 20 km de lonxitude que suman as dúas estradas que conforman o eixe de comunicación destes tres municipios, realizando reforzos localizados e puntuais do pavimento

23/05/2024 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 3,7 M€ as obras de renovación extraordinaria do firme da autovía Dozón-Ourense, entre o enlace de Cea e a A-52

O contrato asinarase nas vindeiras semanas e os traballos comezarán previsiblemente no próximo mes de xullo

23/05/2024 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas

Os traballos, que se desenvolverán en paradas das rutas de acceso polo noroeste á cidade de Santiago, iniciarónse esta semana en Bustelo (Dumbría) na AC-552 e nos vindeiros días continuarán de xeito paralelo na parada situada na estrada AC-300 en Perros (Brión)