Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

04/06/2024 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Martínez Allegue chama a unir esforzos entre as administracións públicas e os actores privados para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas coñeceu esta mañá a sede da Fundación Laboral da Construción, na rúa Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela

03/06/2024 | 15:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina máis de 14,7 M€ ao fomento da construción de vivendas para destinalas a alugueiro accesible

Rueda salienta a convocatoria de dúas liñas de axudas para que “promotores públicos ou privados” impulsen “ata 350 inmobles”

03/06/2024 | 13:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo e Carlos Calvelo coinciden na necesidade de seguir mellorando a seguridade viaria na AC-552 ao seu paso polo concello de Arteixo

A delegada e o alcalde mantiveron un encontro de traballo no que repasaron os proxectos que están en marcha no Concello, co apoio da Xunta, e as actuacións e liñas de axudas necesarias para seguir reforzando os ámbitos de colaboración entre ambas administracións

03/06/2024 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca 13 bolsas de formación en materia de vivenda para titulados universitarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con máis 196.800 euros para financiar esta iniciativa formativa, incluíndo tamén a achega á Seguridade Social

03/06/2024 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,1 M€ as obras de mellora do firme en 7 estradas autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña

As intervencións levaranse a cabo en varios treitos das vías AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes

31/05/2024 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta de Galicia licita a reforma da rúa Miño en Salvaterra cun investimento de 424.000 euros

A delegada territorial, Ana Ortiz, e a alcaldesa, Marta Valcárcel, visitaron este venres a zona que será obxecto de mellora

31/05/2024 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martínez Allegue supervisa as obras da terceira fase de mellora da estrada PO-235 no concello da Lama

Actúase ao longo dos case 7 quilómetros da vía autonómica, desde a parroquia de Seixido ata A Portela da Cruz, no límite coa provincia de Ourense, para mellorar a circulación e facilitar os desprazamentos

30/05/2024 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/05/2024 | 16:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta as fichas técnicas para facilitar o traballo dos axentes urbanísticos e promover o uso sostible do territorio

A nova documentación informativa compila dun xeito sinxelo as fichas relativas ás servidumes procedentes das normativas autonómica e estatal, incorporando todas as novidades aprobadas na última década

29/05/2024 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo traslada ao alcalde de Carballo o seu compromiso de traballar cos técnicos municipais as condicións para renovar o firme e calmar o tráfico na estrada AC-414 en Xoane e Cances

A delegada mantivo un encontro co rexedor para avaliar posibles vías de colaboración a través do apoio desde a Xunta para a  execución dos seus proxectos e a mellora dos servizos aos seus veciños