Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

19/06/2024 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudicará nos vindeiros días a redacción dos proxectos para construír 54 novas vivendas de promoción pública no Bertón, en Ferrol

Martínez Allegue detalla que 27 vivendas se acometerán na parcela 1 do polígono do Bertón, e as outras 27 vivendas se executarán na parcela 2

19/06/2024 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas ao seu paso por 7 concellos da provincia de Lugo, cun investimento de preto de 2,5 M€

Acometeranse intervencións nas vías LU-530, LU-122 e LU-113, ao paso por Castroverde, Baleira, A Fonsagrada, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Riotorto

18/06/2024 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta
18/06/2024 | 13:16 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Ourense como unha oportunidade para construír un futuro cunhas tecnoloxías seguras ao servizo das persoas

O conselleiro de Facenda e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas visitaron as obras deste novo complexo, que acollerá os sistemas de monitorización e xestión da ciberseguridade na Comunidade, en coordinación co Centro Criptolóxico Nacional e co Instituto Nacional de Ciberseguridad

18/06/2024 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fai entrega dunha vivenda de promoción pública, en réxime de alugueiro en Parderrubias, no concello da Merca

Trátase dunha vivenda unifamiliar rehabilitada que consta dunha superficie útil total de 91,56 m2 distribuídos en dúas plantas, máis un garaxe de 19,54 m2 e un rocho de 7,32 m2

18/06/2024 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 185.000 euros as obras de mantemento do inmoble de vivendas de promoción pública da rúa Teixugueiras 15-17, en Vigo

Repararanse as xuntas de selado entre paneis de fachada e o selado da carpintería das fiestras que se atope en mal estado

18/06/2024 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Ribadeo selan a colaboración para o desenvolvemento do centro que xestiona a área Rexurbe deste municipio

A Xunta cofinanciará nun 60% o funcionamento deste centro dependente do Concello, achegando un investimento de preto de 115.000€ para os anos 2024, 2025 e 2026

17/06/2024 | 17:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa aos veciños de Infesta da adxudicación da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na AC-542 ao seu paso por Betanzos

Con esta actuación a Xunta dá resposta as necesidades de seguridade e accesibilidade neste tramo autonómico

17/06/2024 | 16:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de reforma do cruzamento de Setados na PO-400, no concello das Neves

Autorízanse as expropiacións para actuar na intersección situada no quilométrico 9+980 desta vía autonómica, punto de acceso principal a esta parroquia do municipio pontevedrés

17/06/2024 | 15:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O concello de Valga rehabilitará o lavadoiro do Carballiño e reformará o tellado do local social de Ferreirós co apoio da Xunta

As obras serán posibles grazas a dúas subvencións por importe de máis de 35.000 € concedidas ao municipio ao abeiro das achegas a concellos para desenvolver accións de corrección de impactos paisaxísticos en edificios municipais e outros equipamentos