Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.130 novas da C. de Economía e Industria:

17/06/2024 | 19:39 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reúnese co alcalde da Guarda para abordar as necesidades de solo industrial do concello

Este encontro enmárcase na rolda de contactos que a conselleira está a manter cos rexedores galegos agora que a política de planificación de solo empresarial é competencia da consellería de Economía e Industria

17/06/2024 | 18:05 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña o papel da Oficina Económica do Igape para o mantemento da actividade produtiva e do emprego no proceso de venda da pesqueira Fandiscosta

A conselleira de Economía e Industria agradeceu o intenso traballo despregado por todas as partes para alcanzar un acordo que permitirá manter, tal e como se solicitou desde o Goberno galego, como mínimo, co 90% do persoal de produción, dunha empresa que conta no seu cadro de persoal con 214 traballadores

17/06/2024 | 15:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor a aposta pola innovación e a procura de novos mercados para o crecemento e a mellora competitiva do tecido empresarial

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou esta mañá a empresa Quobis, unha das pemes que participou na primeira edición da aceleradora de internacionalización da innovación Galicia Avanza 

14/06/2024 | 15:40 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o compromiso da Xunta por incrementar a competitividade do sector forestal-madeira

Apunta que o plan director do sector que se prevé que estea aprobado a finais deste ano aborda os principais retos desta industria

14/06/2024 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel de ViaGalicia na configuración dun ecosistema emprendedor galego sustentado no talento e na innovación

A directora do Igape, Covadonga Toca, clausura a 7ª edición dunha aceleradora que ten impulsado ata o de agora a creación de 93 empresas das que preto do 70% seguen activas, xerando máis de 500 postos de traballo e 45 millóns de facturación

14/06/2024 | 13:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por que Galicia lidere en España unha nova política industrial vinculada á aeronáutica, ao espazo e á defensa

Lorenzana puxo en valor que se trata dun sector que ten moito que aportar á industria galega en termos de innovación e de emprego cualificado

13/06/2024 | 18:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo impulso da madeira como elemento estrutural na construción cunha liña de axudas de 5 M€

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, inaugurou o curso de formación Cálculo de estruturas de madeira organizado pola USC

13/06/2024 | 16:31 | C. de Economía e Industria

O Inega explica a estudantes de FP o funcionamento da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas e director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Pablo Fernández Vila, participou hoxe nunha xornada cun grupo de estudantes de FP das ramas de informática e electricidade