Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.192 novas da C. de Economía e Industria:

15/03/2024 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Conxemar as distintas liñas de apoio á industria transformadora de produtos do mar

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou en Vigo na xornada organizada pola asociación onde destaca as cifras “récord” das exportacións galegas coa contribución das industrias transformadoras de peixes e mariscos, que incrementaron as súas vendas ao exterior nun 3%

14/03/2024 | 16:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoiará ao sector dos ascensores no seu impulso e modernización

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, interveu en Santiago na xornada ‘Oportunidades do programa de mellora da accesibilidade’

14/03/2024 | 12:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta a súa estratexia para a atracción, retención e retorno do talento científico durante o primeiro foro de investigación galega no estranxeiro

O evento, organizado por Investigal, a Rede Galega pola Investigación, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, reuniu a preto de 50 investigadoras e investigadores de orixe galega que desenvolven a súa carreira no exterior

13/03/2024 | 13:18 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica Syngenta como unha empresa motor e referente da biotecnoloxía galega

Sinala que en Galicia dá emprego a un total de 120 persoas, un 50 por cento mulleres

12/03/2024 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello de Ortigueira reforzan a súa colaboración para atraer investimentos empresariais cara ao municipio coruñés

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co alcalde, Valentín Calvín, no que abordaron diferentes iniciativas para mellorar o aproveitamento das infraestruturas industriais do municipio

11/03/2024 | 15:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta de mecanizados Rodríguez Fernández pola innovación e o deseño estratéxico para mellorar a súa competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá a peme ourensá, que está a deseñar novos produtos e mellorar procesos co apoio dos programas DeseñaPeme e InnovaPeme da Xunta de Galicia

08/03/2024 | 17:16 | C. de Economía e Industria
08/03/2024 | 14:37 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

Lorenzana anuncia que a Xunta presentará alegacións ao Real Decreto que regula a eólica mariña e as enerxías do mar

Precisa que un dos motivos para alegar é que o novo texto reduce a non máis dun 30 por cento a valoración dos criterios que non sexan económicos, de tal xeito que non insiste como debera na ponderación dos beneficios sociais

08/03/2024 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola cooperación para impulsar a dobre transformación dixital e sustentable do tecido empresarial galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na xornada de clausura dos ‘Obradoiros de Dixitalización: Aforro enerxético e dixitalización’, onde pon en valor estes talleres que permiten “promover a colaboración entre empresas para desenvolver proxectos que aposten pola dixitalización, a sustentabilidade e a loxísitica avanzada”

08/03/2024 | 13:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia os traballos para deseñar o Plan director da loxística

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión esta mañá co xerente do Clúster da función loxística de Galicia, na que tamén analizaron posibles vías de colaboración