Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.159 novas da C. de Economía e Industria:

09/04/2024 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén un encontro cunha delegación do Brasil para explorar vías de negocio e oportunidades de colaboración

A directora do Igape, Covadonga Toca, encabeza a reunión de traballo con representantes do Sebrae (Serviço Brasileiro de Apoio às Micro e Pequenas Empresas) no que afondan sobre posibilidades de investimento e mecanismos de apoio a pemes

09/04/2024 | 13:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta cualifica a ITV como unha actividade esencial na mellora da seguridade viaria e o medio ambiente

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, interveu nun encontro promovido polo Comité Internacional de Inspección de Vehículos de Motor (CITA) que reuniu en Galicia varios grupos de traballo de expertos técnicos do sector da ITV a nivel internacional

08/04/2024 | 12:56 | C. de Economía e Industria

A Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas define o seu plan de actuación para os próximos meses coa implicación de todas as organizacións

O seu máximo órgano de goberno reuniuse en Santiago de Compostela para acordar as accións a priorizar ao longo de 2024

08/04/2024 | 12:37 | C. de Economía e Industria

Lorenzana ve no Galicia Fórum Gastronómico o mellor escaparate para enxalzar a calidade dos produtos galegos

Galicia Calidade conta cun expositor propio con degustacións, catas e presentacións dos produtos certificados polo selo máis seis empresas da marca que dispoñen dun espazo independente

06/04/2024 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a celebración na Coruña dos Días Europeos da Artesanía con demostracións e obradoiros de oficios artesanais no Centro Ágora

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a iniciativa Oficios en Acción, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación

05/04/2024 | 14:52 | C. de Economía e Industria

Lorenzana resalta a compañía Gabadi como exemplo da capacidade da industria auxiliar do naval galego

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, destaca a aposta pola innovación e a internacionalización da empresa naronesa, que cumpre 35 anos de actividade

05/04/2024 | 14:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o seu apoio ao crecemento e internacionalización de empresas do sector aeroespacial cunha nova convocatoria do itinerario de consolidación da Business Factory Aero

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 14 de maio ás 14:00 horas a través da web www.bfaero.es 

05/04/2024 | 13:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por que administracións, empresas e cidadanía realicen un esforzo conxunto para avanzar cara a unha economía circular

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participaron esta mañá na II Xornada de Economía Circular

04/04/2024 | 13:44 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña que a Xunta vixiará de cerca que Alcoa cumpra o acordo asinado e ofrece o apoio da administración autonómica na busca dun comprador

Explica que, tanto por parte da Xunta como do Executivo central, o que se pediu foi “concreción” nos prazos do proceso de compravenda

04/04/2024 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor a importancia do programa Reacciona para seguir impulsando a competitividade das pemes de Ourense

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración do obradoiro organizado xunto á Confederación Empresarial de Ourense para dar a coñecer este programa ao tecido empresarial