Actualidade
Buscador de novas
A Xunta colaborará coa Asociación Empresarial Galega de Ascensores para abordar a aplicación da normativa estatal de instrucións técnicas de seguridade
Segundo estimacións da propia asociación, a normativa afecta en Galicia a máis de 65.000 ascensores
A Business Factory Aero da Xunta é recoñecida como a mellor aceleradora avanzada de España no ranking Funcas 2024
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no acto de presentación do Informe Funcas 2024, poñendo en valor o ecosistema de innovación galego e destacando o espírito de “colaboración” do programa
A Xunta salienta a importancia do sector mineiro na transición cara a unha economía dixitalizada e descarbonizada
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura da Asemblea Ordinaria da Cámara Oficial Mineira de Galicia
A Xunta avanza na elaboración do plan director do sector TIC
Lorenzana convida a Ineo a facer as súas achegas a este plan, que estivo en fase de consulta pública ata o pasado 8 de abril
A Xunta subliña a necesidade de apostar pola sustentabilidade e a integración no territorio no desenvolvemento das redes eléctricas
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe os traballos de desmontaxe das liñas aéreas de alta tensión entre Narón e a subestación de Santa Mariña en Ferrol, realizados por UFD
Lorenzana apela a aproveitar a boa marcha da economía galega para impulsar o desenvolvemento industrial e enerxético de Galicia
Ratifica o compromiso da Xunta co acompañamento ao tecido empresarial, con instrumentos como a Oficina Económica de Galicia dependente do Igape ou os plans directores por sectores
A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da cestería e da marca Artesanía de Galicia
A través da Fundación Artesanía de Galicia, apóianse tres cursos de ‘Cestería con cables de cores’ impartidos pola cesteira Belén Martínez, de Casa Atlântica, entre o sábado e o domingo no espazo Cocol Madrid
A Xunta impulsa a transformación innovadora da empresa morañesa Vertifil
A directora da Axencia Galega de Innovación e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitaron a compañía dedicada á fabricación de textís técnicos
Xunta e Pymar formalizan o acordo para a extensión do fondo de garantías navais a toda a cadea de valor do sector
A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, e a conselleira delegada de Pymar, Almudena López del Pozo, asinaron hoxe a addenda ao convenio que regula este fondo
A Xunta destaca o potencial de crecemento da empresa Alén Space, nacida ao abeiro do programa Ignicia
A directora da Axencia Galega de Innovación visitou en Nigrán a compañía que está a participar no proxecto Sateliot e nunha misión da Axencia Espacial Europea