Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana aborda con Ceaga os pormenores da liña de axudas extraordinaria que a Xunta vai aprobar para a industria auxiliar da automoción
Trátase dunha das reunións técnicas que, desde a Consellería de Economía e Industria, se están mantendo cos axentes da industria da automoción para completar os traballos do plan director do sector comprometido para os primeiros cen días de goberno, xunto co da industria naval
A Xunta pon en valor en Valencia as políticas públicas para impulsar o uso da madeira como material na construción
O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou cunha conferencia na 40ª edición de Fimma+Maderalia
A Xunta avoga por “manter e reforzar” a cooperación público-privada para que o tecido empresarial galego sexa aínda máis competitivo
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nun almorzo-coloquio co director de conxuntura e economía internacional de FUNCAS no que pon en valor a “boa marcha” da economía galega, en particular no que se refire á internacionalización, que está a mellorar este ano os rexistros históricos acadados no 2023
A Xunta determina a creación dunha nova ITV no concello da Coruña
A Consellería de Economía e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se establecerá unha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos no municipio
Rueda anuncia que a Xunta remite ao Parlamento o proxecto de Lei de recursos naturais para a súa aprobación
O Consello retoma nesta nova lexislatura a tramitación da lexislación que permitirá para reter en Galicia o beneficio ambiental económico e social dos proxectos que impliquen a produción de enerxía renovable e as concesións de augas e minaría
A Xunta impulsa axudas por 1,27 M€ para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas renovables
Os apoios, que poden solicitarse ata o vindeiro 30 de maio, permitirán a mobilización de 4,3 millóns de euros
Lorenzana salienta en Vigo o compromiso da Xunta coa mobilidade sustentable
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou no municipio pontevedrés as instalacións de Moto Motion, que contou co apoio da Administración autonómica para a compra de dez motos eléctricas no marco do Moves III
Lorenzana destaca as posibilidades que ofrece o rural para o desenvolvemento dunha industria verde e sustentable
Subliña que industria e medio rural son perfectamente compatibles e, máis que nunca, complementarios, porque a industria que se basea en fontes renovables ten que asentarse alí onde está a materia prima
Martina Aneiros destaca a formación e a colaboración como claves da capacidade de resposta da Xunta ante os ciberataques
A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou esta tarde na apertura da xornada ‘Resgardando o futuro dixital das pemes de Ferrolterra: estratexias clave de ciberseguridade para o éxito empresarial’, organizadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra
A Xunta activa un novo programa para que as pemes galegas aposten por modelos de negocio máis sustentables e responsables
A liña, que abre hoxe o período de presentación de solicitudes, busca estimular proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ambientais, sociais e de gobernanza (ASG)