Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 378 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

27/04/2024 | 11:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A X Xornada do Día das Letras Galegas achégalle a figura de Luisa Villalta ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre a rapazada

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participa na apertura desta sesión formativa que contará co relatorio de varios expertos na autora coruñesa

27/04/2024 | 10:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta estará presente na Feira do Libro de Buenos Aires cunha vintena de actividades

Galicia conta cun expositor propio de 44 m2 con máis de 250 publicacións, onde se presentarán as principais novidades das editoriais galegas ata o 12 de maio

26/04/2024 | 20:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O conselleiro de Cultura garante a implicación da Xunta de Galicia na difusión da figura e obra de Otero Pedrayo

José López Campos participa nas xornadas do Abril Oteriano, que se celebran hoxe e mañá no Liceo de Ourense, entidade coa que o Goberno galego está en proceso de sinatura dun convenio de colaboración de 30.000 euros para melloras neste inmoble

25/04/2024 | 16:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reafirma o seu compromiso de apoio co labor de protección, promoción e divulgación do patrimonio cultural do Museo do Pobo Galego

O Goberno galego e o Padroado do museo manteñen vixente un convenio de colaboración que eleva a máis de 1,3 M€ o financiamento do Administración autonómica para este centro nos últimos tres anos

25/04/2024 | 16:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
25/04/2024 | 14:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Cidade da Cultura reúne representantes dunha vintena de linguas minoritarias para traballar na promoción da diversidade lingüística en Europa

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na apertura da asemblea xeral da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), que se desenvolve no Gaiás durante todo o día e rematará cunha visita ao Concello de Santiago