Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 378 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

01/05/2024 | 10:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Filmoteca de Galicia inicia en maio unha retrospectiva sobre o cineasta xaponés Yasujirō Ozu

O realizador catalán José Luis Guerin presentará o venres na cinemateca da Xunta a restauración da súa película ‘Tren de sombras’ na recta final do ciclo ‘Cine rexistro vivo da nosa memoria’

30/04/2024 | 13:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta de Galicia e Feiraco lanzan a XII edición do Certame de Microrrelatos para conmemorar as letras galegas entre a toda a sociedade

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participa na presentación desta iniciativa que homenaxea a figura de Luísa Villalta e promove a lectura en galego

29/04/2024 | 18:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta o prestixio dos Premios Minerva ao ter recoñecido o talento dos primeiros pasos de autores e autoras da literatura galega

Pon en valor o prestixio destes galardóns que teñen premiado escritores e escritoras cunha longa e brillante traxectoria como Fausto Dopico, Ánxeles Pena, Fernando Ónega, Darío Xohán Cabana, Asunción Santos Castroviejo, Suso de Toro,  Xosé Antonio Neira Cruz, Samuel Solleiro ou Olga Novo

29/04/2024 | 15:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta achégalle ao sector cultural as claves das novas bases das axudas para a proxección exterior da música e as artes escénicas galegas

As subvencións para actividades de distribución alcanzan os 600.000 euros e introducen unha serie de axustes consensuados cos principais colectivos sectoriais

29/04/2024 | 13:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convida a festexar a primavera correndo a Holi Gaiás o sábado 8 de xuño na Cidade da Cultura

Xa están abertas as inscricións na web da Federación Galega de Atletismo, carreirasgalegas. com

29/04/2024 | 12:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebra o Día internacional da danza coa convocatoria do novo Programa de Coproducións do Centro Coreográfico Galego

Destínanse máis de 54.000 euros para poñer en marcha tres novos espectáculos de danza e artes do movemento

28/04/2024 | 09:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A exposición dedicada ao pintor José María Barreiro despídese do Museo Gaiás con máis de 20.000 visitantes

‘Barreiro. O silencio que chove luz na xanela’ repasa a traxectoria do pintor de Forcarei, continuador da renovación das vangardas históricas

27/04/2024 | 20:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

José López destaca as opcións de ocio saudable e alternativo para a mocidade que ofrece o programa Día da Xuventude

A segunda edición desta iniciativa comezou esta fin de semana en Ribadavia e A Estrada e chegará a 30 concellos de toda Galicia ata o mes de xullo

27/04/2024 | 17:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Plan de mobilidade do Centro Dramático galego despraza máis dun milleiro persoas de 51 concellos para asistir a Os actos e as profecías

A peza, que poderá verse ata o 26 de maio no Salón Teatro de Santiago, ábrese ao público de toda Galicia, que pode inscribirse aínda nos autobuses que viaxarán a Santiago o próximo mes

27/04/2024 | 14:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

José López inaugura a Feira do Libro de Santiago de Compostela, a segunda cita dun circuíto por 13 cidades e vilas de Galicia

A alameda compostelá acollerá, ata o 5 de maio, esta cita coa lectura que se verá enriquecida cun completa programación de máis dun cento de actividades para todos os públicos