Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 378 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

23/05/2024 | 15:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O mercado ‘Galicia Escena PRO’ recibe máis de 200 profesionais do 27 ao 30 de maio en Santiago de Compostela

Organizado pola Xunta e a asociación Escena Galega, ofrece 20 espectáculos, 12 presentacións en formato ‘pitching’, dúas mesas redondas e un concerto

22/05/2024 | 13:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta lanzará en setembro a terceira ruta de “A Furgoteca” que percorrerá dez concellos de Ourense

A ampliación faise tras o balance positivo das dúas primeiras rutas nas que este servizo recibiu máis de 14.300 visitas e fixo case 15.000 préstamos

21/05/2024 | 17:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Os traballos impulsados pola Xunta na catedral de Santiago sacan á luz unha ventá románica

O conselleiro de Cultura, José López Campos, visita as obras de restauración que se están levando a cabo tanto na capela do Salvador como de San Bartolomé

21/05/2024 | 15:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta contribúe á difusión da vangarda audiovisual a través do apoio á nova edición da (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico

O certame recibe 50.000 euros mediante a convocatoria anual a festivais audiovisuais que adxudica a Axencia Galega das Industrias Culturais

21/05/2024 | 15:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do XI Festival Bal y Gay, que celebrará doce concertos en espazos singulares da Mariña lucense

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo en valor este certame pola calidade da súa programación e por permitir descubrir espazos do patrimonio cultural e natural de Galicia

21/05/2024 | 13:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca a importancia do programa Mentoring da Xunta para preparar a mocidade no salto á vida laboral

A iniciativa, que suma cinco edicións achegando á xuventude ao tecido empresarial, colaborou xa con 1.200 persoas cun exitoso resultado de inserción laboral

20/05/2024 | 15:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta cubre case o 100% das prazas ofertadas nos campamentos de verán para a mocidade de 9 a 17 anos

A actividade forma parte dun programa estival máis amplo que este ano acada a maior oferta da súa historia con 11.500 prazas